in

La Cubana chega a Vigo con ‘Adiós Arturo’

LaCubanaAdiosArturo |

Do 26 ao 29 de setembro a compañía La Cubana trae ao Teatro García Barbón (Afundación) de Vigo a súa última obra Adiós, Arturo, unha atolada comedia con toques surrealistas ao máis puro estilo da compañía catalá.

Adiós, Arturo é un canto á vida e demostra como hai que vivila intensamente, deixando en evidencia todas as convencións sociais que o dificultan. O loro Ernesto é o gran protagonista desta comedia en que se relata dun xeito arroutado e cómico a preparación do funeral do polifacético artista Arturo Cirera, falecido aos 101 anos de idade. O público coñecerá o verdadeiro «guión da vida» deste coñecidísimo escritor, pintor, escultor, coleccionista de arte, poeta, compositor musical, dramaturgo, actor e director recoñecido internacionalmente.


Publicidade

A musa inspirativa desta nova produción é a que desde a propia compañía cualifican como «un rico pozo sen fondo»: o teatro. O teatro que a xente realiza na súa vida cotiá e pasa inadvertido como teatro; ese teatro que hai na rúa, nos mercados, nos traballos, na familia, coas amizades ou en festas, vodas, comuñóns e enterros, onde a xente adoita despregar todo o seu potencial interpretativo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MemoriasNenoLabregoPazó |

Outubro recebe o XXIV Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia

CachiruloOleOle |

Títeres Cachirulo presenta ‘Olé, olé!!’ en Charleville-Mézières