in

Outubro recebe o XXIV Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia

MemoriasNenoLabregoPazó |

Do 4 ao 13 de outubro de 2019 terá lugar o XXIV Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia (FICTMaia), unha iniciativa da Câmara Municipal da Maia en colaboración co Teatro Art’Imagem. Esta nova edición contará coa presenza de 21 compañías (10 portuguesas e 11 procedentes de diferentes países de Europa e América). Nesta ocasión, Galicia estará representada da man de Cándido Pazó e o seu espectáculo Memorias dun neno labrego.

Ao redor de 150 profesionais de artes escénicas estarán presentes na cidade da Maia no ano en que o municipio celebra os 500 anos do seu Foral para ofrecer 25 sesións de 24 espectáculos diferentes que celebran o teatro a través das súas vertentes cómicas nunha diversa gama de propostas artísticas

O venres 4 de outubro o festival comezará na Praça do Município cos madrileños Kanbahiota Troup e o espectáculo de circo contemporáneo Vaya circo, baixo a dirección de Iván Prado. A continuación, o Grande Auditorio acollerá ao actor portugués Óscar Branco e a súa compañía Atitudes na estrea de Humor Próprio.

O sábado 5 de outubro, ás 16:00 a arxentina Maité Esteban Oliva e o seu grupo Maiclown achegarán a peza Tentación Divina. A partir das 21:00 será o tempo para os Kopinxas co seu Dom Quixote, antes do desembarco ás 21:30 do espectáculo 4 Clowns do Apocalipse a cargo dos portugueses Teatro de Montemuro e os británicos Absolute Theatre. Por último, a programación da xornada remata ás 23:00 coa estrea en Portugal de Soñando a Chaplin, unha homenaxe a Charlot do vallisoletano Jesús Puebla Mimo.

Despois da pausa do domingo día 6 debido ás eleccións para Assembleia da República, o luns 7 de outubro retomarase a actividade ás 21:00 coa peza Poderia indicar-me … para Trastamires?, do grupo TriActo. A continuación, ás 21:30 horas a Companhia do Chapitô presentará ATM nunha proposta que conxuga a linguaxe habitual do colectivo, conxugando con humor e mestría o xesto e a palabra, o movemento e a imaxe.

O martes 8 de outubro ás 21:00 horas regresa a actividade de rúa con Boldie & Cloide de Encerrado para Obras, para continuar ás 21:30 cos sicilianos de Dandy Danno & Diva G e o seu espectáculo Los 4 Cobres: unha combinación da arte da máscara, do teatro físico, da comedia musical e da arte do pallaso nunha atribulada trama familiar.


Publicidade

O mércores 9 de outubro ás 21:00 horas regresan os TriActo con Senha 1519, unha estrea en Portugal dunha performance no ano no que se conmemoran os 500 anos do Foral da Maia; ás 21:30, o programa seguirá co Solo Fabiolo, da compañía Yllana.

O xoves 10 de outubro, á partir das 21:00 horas Encerrado para Obras regresa ao FITCMaia coa peza Da Cruz Onde Man Band. Pola Ás 22:00 será a quenda dos franceses Cie. La Volubilie con Déboires: un traballo singular que mestura varias técnicas e disciplinas nun duelo entre un cliente con unha imaxinación desbordante e un empregado de café tan taciturno como desagradable que fai todo o posible para contrarialo.

O Misterioso Caldeirão da Bruxa é a proposta do grupo Boca de Cão que ás 21:00 abre o programa do día 11, venres, antes de dar paso a Leo Bassi e a súa peza Yo, Mussolini a partir das 22:00. Finalmente, a xornada do venres remata coa compañía Trigo Limpo – Teatro Acert que presenta Fogo, un traballo cómico e musical para exorcizara o medo, xogando coas emocións que o mundo do lume nos propón.

O sábado 12 de outubro a actividade comeza ás 16:00 coa compañía vasca Cia. Shakti Olaizola, ofrecendo a peza Baldin Badán, en que unha endiañada pintora e un músico moi paciente fan de todo sobre a escena. A partir das 21:00 será o momento para o teatro musical con A Chiclateira, da man de Encerrado para Obras para continuar, a partir das 21:30, cos pallasos Mimirichi que regresan con Los sombreros locos. O programa do día rematará ás 23:00, coas Memorias das memorias dun neno labrego que Cándido Pazó compartirá en Maia.

O último día do festival comeza ás 16:00 do domingo 13 de outubro cos belgas Theater Gili Gili e o seu Clown Barto. Ás 21:00 será tempo para O Estrambólico Circo: a terceira incursión de TriActo nesta edición, antes de dar paso ao derradeiro espectáculo do festival da man dos Teatro Meridional e o seu Feira dell’Arte a partir das 21:30.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Apatacon PorUnhaPeseta 02 |

O FIOT Carballo levanta este venres 27 o pano da súa 28ª edición

LaCubanaAdiosArturo |

La Cubana chega a Vigo con ‘Adiós Arturo’