A compañía escénica coruñesa DINAMO producións estrea hoxe, 10 de outubro, o seu novo espectáculo Por Vía Oral, protagonizado polos cómicos Ángela Triana e Pedro Brandariz.
Despois de longas e dilatadas traxectorias no humor e na comedia, Brandariz e Triana deciden xuntar o seu talento para crear un espectáculo dinámico, atrevido e transgresor, pero sobre todo cómico.
Por vía oral conta a historia dun paciente que ingresa no hospital e ten que afrontar unha serie de situacións embarazosas, das que todas e todos vivimos cando acudimos ós centros de saúde ou ós hospitais. Desta maneira faise un percorrido polo sistema sanitario en clave de humor, e sobre todo con esceas moi cotiás e identificables para o público. Brandariz estivo recentemente ingresado e, desa experiencia, extraeu as ideas para crear este espectáculo.
A estrea do espectáculo será este xoves, ás 21:00, na Sala Garufa Club da Coruña, e as entradas teñen un custe de 8,00 euros.