in

Jaiotz Osa e Xabier Mujika levan ‘Suddenly III’ ao TRC Danza da Coruña

Suddenly III |
Jaiotz Osa e Xabier Mujika estarán o vindeiro 5 de decembro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, dentro do ciclo TRC Danza, coa peza Suddenly III.

 

Suddenly III parte de todos os pequenos impulsos que nos paralizan por uns segundos. Estas ideas que cruzan a nosa mente en realidade e que nos fan ser conscientes de que podemos estar en perigo. É unha forma que o cerebro utiliza para lembrar que debemos ter coidado. Pero que pasará se decidido levarme por ese impulso? Que pasará se salto? Que pasará se disparo? Que pasará se o bico? A obra reflicte que é o que sucede cando nos arriscamos e nos deixamos levar por eses impulsos. Ás veces estas tolemias fan que sigamos vivos e queiramos saltar ao baleiro no canto de quedar nun equilibrio absurdo que nos anula. Porque non sempre preferimos o malo coñecido que o bo por coñecer.

O tándem formado polo coreógrafo e bailarín Jaiotz Osa e o deseñador Xabier Mujika fai emerxer unha peza cunha linguaxe física e un tipo de movemento dinámico e enérxico.

Publicidade

Suddenly III é unha obra visual, cargada de imaxes, cuxo obxectivo principal é que todas estas fotografías bailadas queden na retina do espectador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MartaPazos |

Marta Pazos estará mañá no ciclo PULSO de encontros con autores organizado pola SGAE

LoroCarlosV |

Estréase ‘O loro de Carlos V’, unha ópera bufa para todos os públicos