in

Marta Pazos estará mañá no ciclo PULSO de encontros con autores organizado pola SGAE

MartaPazos |

A Fundación SGAE convoca a segunda edición de PULSO, un ciclo de encontros que trata de achegar a realidade dos procesos creativos ao público. Autoras e autores ben significados nos distintos ámbitos da cultura falarán distendidamente da súa experiencia, do seu traballo e, en definitiva, da súa vida.

A transversalidade será o fío condutor de PULSO nesta ocasión: cada un dos protagonistas dialogará con outro creador para reflectir a importancia das sinerxías e da contaminación interdisciplinar nos procesos creativos. Dentro deste ciclo, mañá, martes 3 de decembro, ás 21:00, a sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela Marta Pazos (dramaturga e directora de escena) conversará con Hugo Torres, responsable do deseño musical dos seus espectáculos.

Dramaturga pontevedresa de enorme talento, pero tamén directora de escena e intérprete, Marta Pazos é a directora artística da compañía Voadora, que coa súa ollada proxecta a horizontes artísticos pouco transitados, lonxe de formulacións ortopédicas. As súas creacións teñen sido programadas no Centro Dramático Nacional, Centro Dramático Galego, Festival de Almagro, Fringe-Matadero Madrid, MIT Ribadavia ou FIOT, representándose en diversas localizacións de España, Portugal, Brasil, Mozambique, Francia ou República Checa. A súa obra máis recente é A amnesia de Clío, unha ópera galega en gran formato que se estreou o 10 de novembro no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).

Publicidade

O ciclo PULSO acolle ademais, outras dúas charlas: o día 4, Guadi Galego charlará co debuxante e creativo audiovisual Carlos Lago; e o 5, Carlos Portela fará o propio coa realizadora e produtora Lidia Fraga. Todas as sesións do ciclo terán lugar ás 21:00.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PresentacionDramaturxa |

A Xunta e Edicións Positivas recompilan dez pezas do grupo de traballo DramaturXa do CDG

Suddenly III |

Jaiotz Osa e Xabier Mujika levan ‘Suddenly III’ ao TRC Danza da Coruña