in

Comeza o programa de Artes Escénicas de Vigocultura 2020

|

O Concello de Vigo dá comezo á programación de Vigocultura para os primeiros meses de 2020, os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, con dúas caravanas que realizarán pases de microteatro cada 15 minutos diante do MARCO.

 

La Petite Caravane

Ambientado nos teatros de principios do século XX, este pequeno teatro pode albergar as máis variadas representacións: maxia, monicreques, teatro, curtametraxes. Trátase, posiblemente, do teatro máis pequeno que existe, e ademais ten rodas. Apenas 25 persoas poderán gozar dunha inesquecible actuación única e irrepetible. Pode que estiveses nos mellores e máis importantes teatros do mundo, pero sen dúbida non nun coma este.

Canso de que o rexeiten en todos os teatros, o artista de variedades máis pequeno do mundo decide montar un teatro de seu, e non só o fai acorde coas súas medidas, senón que tamén lle pon rodas para levalo a todos os recunchos do mundo. Feliz de poder amosarnos as súas habilidades, este diminuto artista convídanos a somerxernos nunha atmosfera máxica confirmando, unha vez máis, que o bo vén en frascos pequenos. Sen dúbida ningunha, un espectáculo que xamais esquecerás.

Venres 31 de xaneiro: 19:00, 19:30, 20:00 e 20:30
Sábado 1 e domingo 2 de febreiro: 17:30, 18:00, 18:30, 19:00, 20:00 e 20:30

 

Clavileño e hijxs

A caravana dos Clavileño foi convertida nunha atracción de feira. Mentres se desenvolve a atracción -unha cabina de 7D-, mestúranse a vida e as relacións desta familia un tanto disfuncional. Unha divertida comedia que pon de manifesto como se inocula o machismo case sen querer, sen decatarnos mediante os distintos comportamentos, esixencias e actitudes cos membros da familia.


Publicidade

Venres 31 de xaneiro: 19:00, 19:30, 20:00 e 20:30 h
Sábado 1 e domingo 2 de febreiro: 17:30, 18:00, 18:30, 19:00, 20:00 e 20:30 h.

 

Palabras por un tubo

Ademáis destas caravanas, o público poderá gozar co espectáculo de artes de calle Palabras por un tubo de Generación Teatro.

Os Murmuradores (Les Soufflers), foron un grupo de artistas franceses que saíron ás rúas de París a murmurar poemas ao oído da xente. A través destes tubos de cartón, estes peculiares zancudos convidarán a deterse un intre para gozar da beleza das palabras, e transmitirán poesía e textos que se recitan ao oído, e como non… convidarán a toda a cidadanía a asistir á programación Vigocultura desta tempada.

Venres 31 de xaneiro: 18:30 e 19:45
Sábado 1 e domingo 2 de febreiro: 17:00 e 19:15

 

Máis información sobre o programa de Vigocultura para este semestre, aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

danza9 |

O sector profesional da danza denuncia o abandono da administración

OMelNonCaduca |

Ibuprofeno Teatro estrea ‘O mel non caduca’ en Compostela