in

Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2020 na categoría ‘Teatro’

Día Mundial do Libro

Hoxe fixéronse públicos os finalistas dos Premios Gala do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza. A entrega de premios será o vindeiro 9 de maio en Compostela.

Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de preselección e á valoración e fallo por parte dun xurado externo.

Os finalistas nas categoría de teatro son:


Publicidade

  • Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (Editorial Galaxia)
  • Citizen , Grupo Chévere (Kalandraka Editora)
  • Somos os monstros, de Paula Carballeira (Edicións Xerais de Galicia)

Na edición do ano pasado, a obra gañadora foi Eroski Paraíso, de Chévere, na colección “Teatro” da Editorial Kalandraka.

A lista completa de finalistas en todas as categorías pode consultarse aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cristina Moreira

Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares

4segundos |

A compañía IO sobe ao escenario do Salón Teatro con ‘4 segundos’