in

A SGAE asesorará aos autores na petición de axudas públicas polo COVID-19

COVID19 737484 |
A SGAE reforzará os seus servizos de asesoría para os creadores máis vulnerables economicamente pola crise do coronavirus. O obxectivo desta iniciativa é axudalos a entender e, no seu caso, pedir ás distintas administracións correspondentes as axudas públicas que se están a implementar a raíz da actual emerxencia sanitaria.

 

A Administración Xeral do Estado, a través do Real Decreto-Lei 8/2020, de 17 de marzo, as Comunidades Autónomas e os concellos están a articular baterías de medidas de carácter xeral para paliar os efectos económicos e sociais desta crise. Dado o número destas axudas e a súa complexidade, e as características singulares do traballo autoral, faise necesaria unha orientación para os autores, especialmente para aqueles con menos recursos e con quen máis debemos implicarnos, para que saiban a qué axuda concreta de tódalas dispoñibles poden optar e a qué administración poden dirixirse.

Con esta asesoría, a Área Social de SGAE reforza o seu compromiso social cos seus creadores e creadoras nun momento de máxima dificultade, co peche total de teatros, salas de concerto, discotecas e locais de ocio, e a cancelación de todo tipo de eventos.

Publicidade

Este servizo prestarase por vía telefónica e por correo electrónico, cumprindo así co programa de teletraballo que a SGAE emprendeu dende o comezo desta crise como medida de protección mutua para os seus traballadores e os seus socios e clientes.

Xa no ano 2019, a Área Social de SGAE atendeu a máis de 800 persoas a través dos seus diferentes programas: entre outros, axudas de emerxencia social, apoio para o pagamento de vivenda ou a adquisición de material óptico e auditivo.

Segundo a Sociedade, “estamos ante un desafío sen precedentes que esixe un compromiso excepcional por parte de todos. Por isto, o xoves 12 de marzo, a SGAE dirixiuse ás principais administracións públicas a través dunha por carta de Pilar Jurado. O obxectivo era ofrecer colaboración no deseño de medidas concretas para autores e editores; iniciativas capaces de paliar o enorme impacto económico desta crise, que ameaza a supervivencia do sector cultural”.

Este xoves, a presidenta da SGAE, Pilar Jurado, mantivo unha conversa telefónica co Ministerio de Cultura, dentro da rolda de chamadas que o departamento de Rodríguez Uribes está realizando aos interlocutores culturais. Nese diálogo, a presidenta da SGAE informou desta iniciativa social da entidade, ao tempo que formulou unha batería de propostas específicas para paliar os graves efectos da crise do COVID-19 no colectivo de autores da SGAE, cuxos ingresos poderían caer ata un 60% semestral polo peche total dos espazos culturais. A SGAE comprométese a seguir traballando co Ministerio e achegar o seu coñecemento técnico para facer fronte ás difíciles circunstancias actuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MuseoGalegoMarioneta |

Mensaxes do Día Mundial da Marioneta 2020

Malcriada |

Diario de cativerio. Día 11, por Esther Carrodeguas