in

Mensaxe do Día Internacional da Danza 2020

Gregory Vuyani
| Gregory Vuyani |

 

Foi durante unha entrevista que me fixeron recentemente que dei en pensar en profundidade sobre a danza, sobre o que significaba para min. Para responder esta pregunta, tiven que afondar na miña traxectoria e decateime de que era unha cuestión de determinación, de enfrontar os desafíos que cada día presentaba e de tentar outorgarlle un sentido ao mundo a través da danza.

Atravesamos traxedias inimaxinables nunha época que se podería describir como a era post-humana. Máis que nunca, precisamos dunha danza coa determinación de lle lembrar ao mundo que o humano aínda existe. Determinación e empatía deben prevalecer sobre anos e anos dunha inexorable paisaxe virtual de disolución que lle abriu o paso a unha catarse de dor universal que nos ateiga de tristeza, dunha dura realidade que impregna aos vivos, aos que enfrontan a morte, o rexeitamento e a pobreza. Máis ca nunca, a nosa danza debe enviar unha mensaxe inequívoca aos líderes mundiais, ás persoas encargadas de preservar e mellorar as condicións de vida da humanidade, de que somos un exército de pensadores furiosos cuxa intención é cambiar o mundo paso a paso.

Publicidade

A danza é liberdade, e a través desa liberdade que acadamos, debemos liberar ao resto das trampas que asexan en todos os recantos do planeta. A danza non é política, mais transfórmase en política porque leva na súa fibra unha conexión solidaria e, xa que logo, responde ás circunstancias coa determinación de restaurar a dignidade humana.

Mentres os nosos corpos bailan, executando piruetas e trenzándose entre eles, convertémonos nunha vaga de movemento que axita os corazóns, que toca as almas e proporciona unha cura perentoriamente necesaria. E a nosa determinación transfórmase nunha danza que é unha hidra de múltiplas cabezas, invencible e indivisible. Todo o que precisamos e danzar un pouco máis!

 

——–

O Día Internacional da Danza celébrase o 29 de abril desde que foi establecido en 1982 polo Comité Internacional de Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Esta data conmemora o nacemento (en 1727) de Jean-Georges Noverre, bailarín e profesor considerado o creador do ballet moderno. Cada ano o ITI confía a unha coñecida personalidade do mundo da danza a redacción dunha mensaxe que se le en todo o mundo. En 2020, esta mensaxe foille encargada a Gregory Vuyani MAQOMA, bailarín, coreógrafo, docente e actor surafricano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Clausura Do Amor

En attendant Rambert, por Tamara Andrés

RomanRodriguez04 |

A Xunta pídelle ao Goberno central ampliar as desgravacións fiscais do Xacobeo en beneficio do sector cultural e turístico