in

Artes escénicas no Festigual

Festigual |

O Festival de Artes pola Inclusión Cultural presenta hoxe a obra de teatro Metamorfosis, de Poten100mos.

O Festigual remata esta semana con actuacións presenciais na cidade da Coruña e retransmitidas por Internet. A programación do festival, na que participan asociacións tanto culturais como sociais, abrangue dende obradoiros inclusivos ata concertos, espectáculos de artes escénicas, audiovisuais ou exposicións, sempre dende un punto de vista inclusivo.

Hoxe preséntase a obra de teatro inclusiva Metamorfosis, de Poten100mos, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro, que tamén se pode seguir en directo dende a web do Festigual, www.festigual.com Na páxina tamén está dispoñible o vídeo de Artes Escénicas Límites, de Experimentadanza + Diversos, que se presentou o 11 de novembro no Teatro Rosalía de Castro; o concerto de Demusicade, que se presentou no Museo de Belas Artes da Coruña o 6 de novembro; e a exposición fotográfica Unha mirada á diversidade, de Óscar Corral.


Publicidade

Esta semana, ademais de Metamorfosis, hai outras actividades programadas, como a presentación do proxecto Deseño e Son da Asociación Zalaeta, mañá; e a estrea da curta de Máscaras, O reflexo da Tartaruga, e o concerto con colaboración especial de “Sisters in the house”, o xoves.

Ao longo deste mes tamén se desenvolveron varias actividades exclusivamente por Internet, como unha  pinchada a cargo de NEGUS,  “Cabina inclusiva”, e o concerto-obradoiro de Tres x Cuatro e Robert Pier.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Isabel Risco

Isabel Risco estrea ‘Bravas’

Congreso CircoRed

Resumo do IV Congreso CircoRed