in

Isabel Risco estrea ‘Bravas’

Isabel Risco

A peza amosa a súa particular visión da historia das mulleres galegas

A actriz Isabel Risco estrea hoxe Bravas no Pazo da Cultura de Carballo, ás 20.30 horas, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.  Nesta peza, que é o seu segundo espectáculo unipersoal,  amosa a súa particular visión da historia das mulleres galegas, “unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada”, dende un punto de vista cómico e comprometido.

Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valoroso clan, o clan que elas mesmas paren, aleitan, manteñen, constrúen cos alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade. Con esta peza, Risco pretende ademais reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única, plural, diversa, poliédrica e tan necesaria da realidade.

Bravas fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII, nunha viaxe no tempo que vai facendo parada en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha rapaza que descobre o mundo nos anos 60…; de mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro, pasados polo filtro da actriz.

A entrada para asistir á estrea é gratuíta, con previa reserva de entrada no enderezo de correo electrónico [email protected], enviando nome, apelidos e número de teléfono.  Pódese reservar un máximo de dúas entradas por persoa. Debido ás restricións sanitarias, poranse a disposición do público 30 entradas.

Bravas, de Isabel Risco

Autores/as: Paula Carballeira, Roi Vidal, Clara Gayo, Xurxo Barcala, Isabel Risco e Fran Rei.


Publicidade

Elenco: Isabel Risco.

Dirección: Isabel Risco e Fran Rei.

Escenografía: Maquinaria Pesada e Iria Ribadomar.

Attrezzo e vestiario: Maquinaria Pesada.

Responsable técnico: Javier Ayude “Beca”.

Produción: Culturactiva S. Coop. Galega e Maquinaria Pesada.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

here comes your man de Teatro Tarambana

Here Comes Your Man

Festigual |

Artes escénicas no Festigual