|

Janet Novás e Mercedes Peón
Foto de Tristán Pérez-Martín

PUBLICIDADE

A presenza e o movemento portentosos de acaban de ser recoñecidos co nomeamento aos Premis de la Crítica d’Arts Escèniques de Catalunya, na categoría de Bailarina, polo seu traballo en Mercedes mais eu. Na mesma categoría tamén están nomeadas Aina Alegre por Estudi 3 e Ariadna Montfort por Sonoma de La Veronal. O 3 de maio daranse a coñecer cales son os premiados nun acto en La Villarroel.

Mercedes mais eu é unha das pezas da danza contemporánea galega con máis éxito de crítica e de público nos últimos anos. A conxunción explosiva de Mercedes Peón e Janet Novás foi conquistando os palcos coa enerxía dancístico-musical que desprega. O feminino apoderado, alén dos canons comerciais, os impulsos que semellan saír das mesmas orixes e da terra, son só algúns dos elementos sobranceiros desta peza. Unha noticia moi boa, se consideramos a cantidade e a calidade de traballos de danza que se presentan cada ano en Catalunya.

 

 

Compartir

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete ao boletín á newsletter

Recibe no teu email as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!