in

Títeres Cachirulo levará os monicreques a Sete Parroquias de Santiago de Compostela

CachiruloCabezaDragon |

Títeres Cachirulo percorrerá as parroquias de compostela co fin de levar os monicreques aos centros cívicos. A iniciativa, que forma parte do programa de axudas a Actividades Culturais para o Sector Profesional 2021 do Concello de Santiago, consiste na realización dunha serie de representacións e obradoiros nos centros cívicos do concello, que se levarán a cabo en exteriores, dende un orixinal teatriño rodante: o “Cachi-Móbil”.

Durante o mes de setembro de 2021, un equipo de actores e actrices, monicrequeiros/as e reporteiros/as, irá realizando un percorrido polas parroquias propoñendo unha serie de actividades e invitando aos veciños e veciñas á función A cabeza do dragón. En total serán 10 os centros cívicos de Santiago que formarán parte da nosa ruta, 5 do ámbito rural e outros 5 pertencentes a barrios do concello.

A obra, A cabeza do dragón é unha adaptación para marionetas da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, na que o Príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten apresada a filla do Rey Micomicón para poder retornar triunfante a casa.

Publicidade

Trátase dunha proposta que intenta fortalecer o tecido veciñal nos barrios da vila e no rural. Un circuíto de teatro de monicreques de carácter gratuíto e para todos os públicos, con actividades culturais e de inclusión social para rapaces, mozos e terceira idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Ilomilo'. Cía. Tuatha

‘Ilomilo’ da coruñesa Tuatha seleccionado no festival Quinzena de Dança de Almada

Identidade de Nee Barros

Identidade. A normalidade do non común