in

A compañía VAIEMBORA estrea en Vigo ‘Cariño’

ALBERTE BELLO 04 scaled |
'Cariño', de VAIEMBORA. Imaxe de Alberte Bello.

“Que pasa cando a vida non ten nada que ver con aquilo que nos mostraron?”.

A compañía VAIEMBORA estrea mañá a súa primeira produción, Cariño, na Sala Ártika, en Vigo. A peza realiza unha viaxe para cuestionar os referentes actuais do amor romántico, os celos e a posesión dentro dunha parella adolescente. Trátase dunha posta en valor de aqueles sentimentos que marcan a vida e aos que ninguén lles presta atención porque son “cousas da rapazada”.

Cariño está baseado no relato “Sara”, da nova edición do libro Invisibles de Montse Fajardo. Os outros relatos xa foron levados á escena no ano 2018 pola compañía galega Redrum Teatro, acadando tres premios María Casares e o II Concurso de Ideas Luísa Villalta de proxectos pola Igualdade.

O espectáculo ten a Sara como protagonista, que, deixando o vitimismo e o sentimentalismo á parte, fai autocrítica e análise da relación que a levou cara ao fondo do precipicio e do que conseguiu volver grazas á axuda psicolóxica e aos autocoidados.

Cariño estréase mañá, venres, e estará ata o domingo na sala viguesa, con funcións o sábado e o domingo, ás 20.00 horas. VAIEMBORA é unha compañía de teatro galega de nova creación, nada en Vigo neste mesmo ano 2021, e esta primeira montaxe é unha coprodución co Centro Dramático Galego e conta co apoio do Concello da Coruña.

Ficha artística:

Dramaturxia e dirección: Diego Chamizo

Texto orixinal: Montse Fajardo


Publicidade

Interpretación: Grial Montes

Escenografía: Carmen Casal e María Torres

Iluminación: Violeta Martínez

Vestiario e deseño gráfico: David Vila

Caracterización e asistencia de vestiario: Alberte Bello

Coreografía e asistencia de interpretación: Sofía Rodal

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Teatro do Porvir

Este sábado celébrase o festival de artes escénicas da AELG

IIPremioLaudamuco |

Convocado o IV Premio Laudamuco 2022 cunha contía de 7.000 euros para o texto gañador