O Teatro Gorrilla trae en abril unha nova actuación de artes escénicas nos bares da zona de Churruca, en Vigo. Desta vez, A Casa de Arriba acolle Contos invertidos, de Nico Elsker, mañá, sábado 16 de abril, ás 20.00 horas; unha peza teatral, performativa e dancística deste artista multidisciplinar e drag king.
Nela ofrécese unha viaxe de quince minutos a través do mundo dos contos dende unha perspectiva diversa, a través dunha realidade ficcionada que mestura danza, palabra e transformismo; “porque o mundo dos contos é moito máis diverso do que vos imaxinades”, en palabras do propio autor.
Como en todas as edicións anteriores, a entrada é libre e inversa, aínda que a organización recomenda unha entrada mínima de 3 euros.

- O FIOT convoca a décima edición do Certame Metro Cadrado - 04/05/2026
- PAM convida a celebrar o Día da Danza - 28/04/2026
- O Teatro das Cortes acolle a xornada ‘Onde foi Barriga Verde?’ - 24/04/2026



