in

A produción do Teatro Arriaga ‘Erresuma/Kingdom/Reino’, dirixida por Calixto Bieito, chega a Galicia

Kingdom Calixto Bieito
Imaxe de E. Moreno Esquibel

A produción do Teatro Arriaga de Bilbao Erresuma/Kingdom/Reino chega esta fin de semana a Galicia. O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle dúas funcións, hoxe e mañá, ás 20.30 horas. Trátase dun espectáculo baseado nas principais traxedias de William Shakespeare, con versión, dirección e espazo escénico do director de escena e director artístico do Teatro Arriaga Calixto Bieito.

Esta montaxe teatral está protagonizada por José María Pou, Joseba Apaolaza, Lucía Astigarraga, Ylenia Baglietto, Ainhoa Etxebarria, Miren Gaztañaga, Iñaki Maruri, Koldo Olabarri, Lander Otaola, Eneko Sagardoy e Mitxel Santamarina; e preséntase como unha proposta teatral poderosa estética e visualmente, cuxo foco central son as grandes personaxes das traxedias de Shakespeare, coas súas fortalezas e debilidades.


Publicidade

Bieito optou por unha adaptación que sintetiza as traxedias de William Shakespeare e aposta por manter a esencia, o básico na obra do autor inglés: a súa linguaxe, a súa violencia e a súa poesía. A montaxe transmite unha  poética contemporánea, dende unha formulación escénica actual, que mesmo se achega a ser una instalación, o que permite ás e aos intérpretes construír as súas personaxes dun xeito libre e intuitivo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A galiña azul Tanxarina

O Festival de Títeres de Redondela 2022 contará con 31 compañías internacionais

Calixto Bieito ERRESUMA KINGDOM REINO

Calixto Bieito chega á Coruña cun Shakespeare e con José María Pou como protagonista