in ,

Comeza a XLIV Mostra de Teatro Galego de Cariño

Mostra de Teatro Galego de Carino scaled |

A Mostra de Teatro Galego de Cariño está a celebrar hoxe a xornada inaugural da súa 44ª edición, que se estenderá ata o 19 de agosto e que  recuperará o seu formato habitual en canto a duración, cabida e organización. O ambiente da Mostra xa se comezou a notar a partir das 12.30 horas con ‘O folión do zampón’, unha representación itinerante de Fantoches Baj con cabezudos, zancudos, velocíclopes, actores e música en directo da man de Odaiko.

Ás 20.30 horas deu comezo o acto oficial de inauguración na Praza do Campín, que inclúe a entrega do premio do público infantil da pasada edición a Teatro Ghazafelhos con ‘Rubicundo’; a entrega do premio en categoría adulta á Companhia do Chapitô pola súa obra ‘Napoleão ou o complexo de épico’, aínda que non puideron estar presentes no acto; e como remate, a presentación de ‘Coreografías dun Demente’, un extracto de 30 minutos de duración do espectáculo “DeMente” de Fran Sieira, sen iluminación e escenografía, onde plasman a esencia das coreografías grupais máis representativas da obra.

Programación

As compañías teatrais de público infantil e adulto actuarán durante unha semana en diferentes espazos do municipio: o auditorio municipal, a Praza do Campín, A Porta da Pulida, a Praza Roxa e de modo itinerante polas rúas do municipio. O teatro na rúa será de acceso libre e gratuíto.

A fin de semana estará dedicada ao teatro na rúa. Así, o sábado 13 de agosto poderán presenciarse, de forma gratuíta, a obra ‘As minas do Rei Salomón’ de Teatro Ghazafelhos (Porta dá Puída, 11:30 horas), o concerto ‘Gozar, sentir, bailar’ de Quinkillada (Campín, 13:15 horas) e a obra ‘Back 2 Clasiccs’ de Planeta Trampolín (Campín, 20:30 horas). O domingo, 14 de agosto a obra itinerante ‘Circo Krasnovarak’ de Troula Animación percorrerá as rúas do municipio (11:30 horas), haberá un concerto da Banda do Verán (Campín, 13:15 horas), e representarase a obra ‘Entre Nous’ de Cirque Entre Nous (Praza Roxa, 20:30 horas).


Publicidade

O luns 15 de agosto comezarán as obras de teatro para público infantil (sempre ás 12 horas) e para todos os públicos (sempre ás 22:15 horas) no Auditorio Municipal. Ese mesmo día Caramuxo Teatro interpretará ‘A meniña que vivía nunha caixa de mistos’ (12 horas) e A Panadería traerá ‘As que limpan’ (22:15 horas).

O martes 16 de agosto será a quenda para ‘Rosalía’ de Culturactiva Producións (12 horas) e ‘Despois das ondas’ de Butaca Cero (22:15 horas). O mércores 17 de agosto para ‘A cazola de Lola’ de Tanxarina (12:00 horas) e ‘Smoke on the water’ de Ibuprofeno Teatro (22:15 horas). O xoves 18 de agosto para ‘Cubo’ de Elefante Elegante (12 horas), o recital poético ‘Volátil’ de Paulo Mestre & Constance Hurlé (20:30 horas) e’ ‘Morte accidental dun anarquista’ de Talía teatro (22:15 horas). A Mostra clausurarase o venres 19 de agosto con ‘A nova historia da Cigarra e a Formiga’ de Teatro da Estada (12 horas) e ‘Cigarreiras’ de Contraproducións (22:15 horas).

Os prezos para as obras que se representarán no auditorio son de 1 euro para o teatro infantil e 5 euros para o adulto. Hai dispoñible un bono de 20 euros que permite a entrada a todas as funcións da noite

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Performance María Roja Ciclo Mexer

O Ciclo MEXER de performance de Lugo contará con María Roja, Noel Quintela e Ariezzz

Amantis portada |

Amantis | 39ª MITCFC