in

Contos e historias para os máis cativos no Festival Narratí

As actividades do primeiro Festival Narratí de narración oral son de balde e realizaranse os venres, sábados e domingos da primeira quincena de setembro. A programación conta con seis espectáculos de profesionais de toda Galicia.

O Narratí nace sendo o primeiro Festival de Narración Oral para cativos. Unha actividade que levará seis espectáculos aos máis pequenos de Gondomar e Meis durante os días 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de setembro, ou o que é o mesmo, os venres, sábados e domingos da primeira quincena de setembro. O festival está impulsado pola compañía Feira do Leste e conta coa financiación da Deputación de Pontevedra..

Os nenos e adultos poderán gozar de historias e contos da man de profesionais de recoñecido prestixio da narración oral galega coma Cris de Caldas, Lorena Pinheiro ou Ernesto Is.

A apertura de programación será o vindeiro venres 2 de setembro da man de Lorena Pinheiro, o sábado ás 11.30h en Meis co actor Santi Prego, finalista nos Premios Goya da Academia de Cine no 2020 como mellor actor revelación polo seu papel en Mientras dure la guerra de Alejandro Amenábar. Prego levará a súa peza O teatro máis pequeno do mundo.  O domingo ás 11.30 horas, será Cris de Caldas quen contará Un feixe de Contos en Meis.


Publicidade

O clown Iván Davila cos seus Contos na lareira, unha proposta para cativos de máis de 3 anos estará en Vincios o sábado 9 ás 19.00 h.O sábado 10 de setembro, Ernesto Is entreterá aos máis pequenos coa contada titulada Historias fascinantes de nenos e nenas delirantes xunto con Nerea Brey e Lúa e o tesouro do hórreo,  que recolle as lendas galegas da man dunha rapaza moi bulideira que está na busca dun tesouro. Será en Meis ás 11.30 horas.

O agasallo das árbores, de Cris de Caldas e Xabi do Camiño, unha sesión de contos que ten como fío condutor o conto dos Tres Porquiños e a concienciación medioambiental. Esta proposta familiar vén acompañada de música en directo e poderá desfrutarse o domingo 11 de setembro ás 11.30 horas como peche do festival.

Todas as actividades son de balde e non precisan reserva.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

José Alvaro Correia

Morre o deseñador de luz portugués José Álvaro Correia aos 45 anos

Premios do público Mostra de Cariño A panadaria Teatro del Andamio

A Panadaría e Teatro del Andamio gañan os premios do público na Mostra de Cariño