in ,

‘1888. Señorita Julia’, de Estudo Momento, continúa a súa xira galega

Poderá verse en Curtis, Monforte e Ferrol

Iria Ares

Estudo Momento, a compañía da actriz galega Iria Ares e do actor galego Xoán C. Mejuto, volverá ás táboas do Teatro Lara de Madrid o vindeiro 20 de novembro con 1888. Señorita Julia. Serán tres meses de representacións, durante novembro, decembro e xaneiro, cunha función semanal, todos os domingos ás 20.15 horas, que se suman aos máis de sete meses que xa estivo na carteleira. A compañía está a desenvolver tamén unha xira galega con esta peza, que xa pasou por Arteixo, pola Coruña, por Vilasantar e por Cambados, e que se vai poder ver o 18 de novembro en Curtis, o 24 de novembro en Monforte de Lemos e o 25 de novembro no Teatro Jofre, en Ferrol.

O espectáculo obtivo diferentes recoñecementos, entre os que se atopan o primeiro posto nas  obras máis valoradas en Madrid Es Teatro; ou o segundo posto nas obras máis votadas da Revista GODOT.

Esta versión do clásico de August Strindberg é do propio Xoán C. Mejuto e conta a historia de amor, odio e paixón entre a señorita Julia e Juan, criado predilecto do seu pai, o conde. A obra reflexiona arredor da cuestión de “se foi Strindberg o autor misóxino do que todos falan ou un feminista encuberto”. Esta versión “fai cambalear todo o que se escribiu sobre a obra até o momento, un dos textos máis polémicos da historia”.


Publicidade

Renovando a señorita Julia de Strindberg

“A señorita Julia aparece morta na cociña da casa do seu pai, o Conde. Todo indica que se suicidou cunha navalla que pertencía a Juan, o criado predilecto da casa. Durante o interrogatorio, convértese nun sospeitoso de asasinato cando se revela que el e a moza compartiron bebidas e segredos, e mesmo chegou a consumar un acto sexual consentido e incitado pola propia moza. Os feitos ocorreron durante a máxica e sensual Noite de San Xoán. O criado, a única testemuña, non pode explicar por que as súas mans e a súa roupa están completamente cubertas de sangue. Para xustificarse, contará diferentes versións da estraña relación de amizade, sexo e amor que compartiron xuntos”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

image e1668416197310 |

Se fose un lugar, sería un furancho

AlbaFernandez |

Laboratorio Escénico Coop. celebra unha ‘Tarde de Danza’ na Coruña