in

A Agadic abre o proceso de selección de proxectos para a coprodución de ‘Bailar no ceo’

A peza de Ana Abad de Larriva foi desenvolvida ao abeiro de bolsa de dramaturxia do CDG

Bailar no ceo
Chichana Patiño e Aviador Piñeiro. Detalle dunha imaxe extraída do libro 'El vuelo de la gaviota', de Carlos Quintia Celaya

A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, vén de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo de artes escénicas a partir da dramaturxia Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva, elaborada ao abeiro da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego (CDG) 2022-2023. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir de hoxe.

Ademais, o vindeiro martes 10 de xaneiro, ás 20.00 horas, o Salón Teatro do CDG, en Santiago de Compostela, acollerá unha lectura dramatizada do texto baixo a dirección de Gena Baamonde.


Publicidade

FIGURAS PIONEIRAS DA AVIACIÓN

Bailar no ceo é unha peza que ten como vontade “destacar a capacidade da arte para liberar e para unir as persoas, así como contribuír a poñer en valor as figuras pioneiras da aviación civil en Galicia e as exhibicións aéreas como espectáculos de artes escénicas”. Así, o texto achégase ás figuras de Chichana Patiño (Elisa Patiño Meléndez) e Aviador Piñeiro (José Piñeiro) e formula unha dramaturxia “que poida convidar a dar a man a disciplinas como as artes circenses, a danza vertical, o teatro físico e a danza, ou mesmo o teatro de monicreques ou figuras animadas, en diálogo coa propia palabra falada”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Recortes, caneos e outras formas de driblar' do CDG & Ainé Producións. Foto de Aigi Boga.

Os textos dos últimos dous espectáculos do CDG xa forman parte da colección O papel do teatro

Encontro interxeracional artes escénicas

I Encontro Interxeracional das Artes Escénicas de Galicia