in ,

La Bañeza convoca o XI Certamen Nacional de Teatro Amateur In Vino Veritas

Celebrarase na cidade leonesa entre os días 4 e 18 de marzo

Cortina vermella

O Concello de La Bañeza vén de publicar as bases do XI Certamen Nacional de Teatro Amateur In Vino Veritas, que se celebrará na cidade leonesa entre os días 4 e 18 de marzo. Ao igual que acontecera o ano pasado con motivo do seu décimo aniversario, o certame de teatro amador volve vincular a cultura co mundo do viño, un sector que está a experimentar de novo un importante crecemento no sur da provincia de León e, particularmente, na comarca de La Bañeza.

Con este propósito, ás colaboracións das bodegas Finca Valdemora de La Bañeza e Fuentes del Silencio de Herreros de Jamuz, súmase este año o apoio do Consejo Regulador de la DO León, institución permanentemente dedicada á promoción da enoloxía tanto no plano cultural coma no turístico, nunha decidida aposta neste caso polo teatro afeccionado ou amador, do que teñen bos exemplos na comunidade leonesa, e en concreto en La Bañeza, que conta con tres grupos.

As compañías teatrais interesadas en presentar as súas propostas para o XI Certamen Nacional de Teatro Amateur In Vino Veritas poderán facelo ata as 23:59 horas do día 12 de febreiro de 2023, estando programadas un total de catro representacións os días 4, 5, 11 e 12 de marzo no Teatro Municipal de La Bañeza e cunha gala de entrega de premios o día 18 de marzo.

Publicidade

No capítulo de premios, este ano vólvese recuperar o premio ao mellor director ou directora, mantendo a entrega de premios en metálico e de premios concedidos polas bodegas colaboradoras. Así, as compañías seleccionadas para a presente edición do Certamen Nacional de Teatro Amateur poderán chegar a recibir, ademais de 1000 euros pola súa participación, os seguintes premios divididos nun total de seis categorías:

  • Mellor representación: 2000 euros, outorgados polo Concello de La Bañeza, así como trofeo, diploma e regalo ofrecidos pola bodega Fuentes del Silencio.
  • Mellor director ou directora: 1000 euros, outorgados pola Fundación Conrado Blanco, e trofeo, diploma e regalo ofrecidos pola bodega Finca Valdemora.
  • Premio especial do público: 750 euros, outorgados pola Fundación Caja Rural de Zamora, así como trofeo, diploma e regalo ofrecidos pola Bodega Finca Valdemora.
  • Mellor montaxe: 750 euros, outorgados polo Concello de La Bañeza, ademais de trofeo, diploma e regalo ofrecidos pola Bodega Finca Valdemora.
  • Mellor intérprete principal: 500 euros, outorgados polo Concello de La Bañeza, así como trofeo, diploma e regalo ofrecidos pola Bodega Finca Valdemora.
  • Mellor intérprete de reparto: 300 euros, outorgados polo Concello de La Bañeza, xunto con trofeo, diploma e regalos ofrecidos pola Bodega Finca Valdemora.

O IX Certamen Nacional de Teatro Amateur In Vino Veritas conta coa organización e patrocinio do Concello de La Bañeza e co patrocinio das seguintes entidades: Instituto Leonés de Cultura da Deputación de León, Fundación Conrado Blanco, Fundación Caja Rural de Zamora, Consejo Regulador de la DO León, Bodega Finca Valdemora, Bodega Fuentes del Silencio e a colaboración da Federación de Grupos de Teatro Aficionado de Castilla y León (FETACYL).

As bases do certame están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de La Bañeza. Todas aquelas compañías interesadas en participar, deberán presentar as súas propostas a través do enderezo de correo electrónico: [email protected], antes das 23:59 horas do domingo 12 de febreiro e conforme aos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Leo Bassi no FIOT de 2022

O FIOT de Carballo encabeza o ranking de mellores proxectos culturais de Galicia

Foto: CurvaBezier

A acción da emoción