in

A dramaturga Esther F. Carrodeguas súmase á Escola de Letras da Deputación de Pontevedra

Comezará o 1 de marzo e estenderase ata finais de outubro con seis obradoiros

Escola de Letras Deputacion Pontevedra Esther F Carrodeguas
Presentación da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra. Foto: Depo

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia inicia o vindeiro 1 de marzo a súa cuarta edición, que se prolongará ata outubro con seis obradoiros literarios e un total de 90 prazas.

A dramaturga Esther F. Carrodeguas e a poeta Marta Dacosta se incorporan ao claustro do profesorado, xunto a Diego Giráldez, Inma López Silva e Antonio García Teijeiro. O prazo de inscrición está aberto para os dous primeiros talleres en Vigo e Pontevedra.

Este proxecto acadou unha ampla transcendencia grazas ao éxito da súas tres anteriores edicións, nas que entre os 18 obradoiros e as master class con autores e autoras da literatura galega, participaron preto de 500 persoas.  A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra ten como obxectivo promover que a xente escriba e lea, promovendo o pensamento libre e a capacidade de crear.

Escola de dramaturxia

A dramaturga Esther F. Carrodeguas é unha das novas docentes da Escola de Letras para o ano 2023. A rianxeira amosase agradecida por entrar no claustro da Escola, “unha iniciativa incrible”, e explicou que o seu obradoiro vai concibir o xénero da dramaturxia “en pé de guerra”. “Xa di un pouco do espírito que terá —sinala— Erguerse e reberrarse é un concepto que utilizo nos meus poemas, e animarei ao alumnado a que se reberre e aprenda a erguerse desde as letras. Para min escribir é forma, pero o importante é o substrato que está debaixo e aí está o reberro e ese erguerse en pé”.


Publicidade

Programa da Escola de Letras

Os seis cursos celebraranse nas sedes da Deputación (tres no Pazo Provincial en Pontevedra e tres na sede de Vigo) entre marzo e outubro, con horario de 18.00 e as 20.00 horas. Comezarán cos obradoiros literarios de Inma López Silva en Vigo (1,8, 22 e 29 de marzo, 12, 18, 19 e 26 de abril) e Pontevedra (2, 9,23 e 30 de marzo, 13, 20 e 27 de abril e 2 de maio) e co de poesía a cargo da poeta Marta Dacosta en Vigo (7 e 14 de marzo). As clases continuarán en maio co taller de poesía de Antonio García Teijeiro en Pontevedra (3 e 10 de maio) e o obradoiro literario da dramaturga Esther Carrodeguas en Vigo (3, 10, 18, 24 e 31 de maio). E en setembro e outubro impartirá o seu obradoiro Diego Giráldez en Pontevedra (12, 19 e 26 de setembro e 2,9, 16, 23 e 30 de outubro). 

A inscrición para cada curso abrirase aproximadamente un mes antes da súa realización. As persoas interesadas deben enviar un correo ao enderezo [email protected], incluíndo o seu nome completo, correo electrónico, teléfono, e o curso no que se desexa inscribir por orde de preferencia. As prazas adxudicaranse por estrita orde de chegada das solicitudes ata completar o límite de persoas establecido para cada curso. Terán preferencia as persoas que non participasen con anterioridade en ningún obradoiro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CDG Shakespeare En Roma

Primeiras fotos de ‘Shakespeare en Roma’, produción do CDG que se estrea esta semana

Multiperspectivas#2 de Paula Quintas

Paula Quintas estrea Multiperspectivas#2 combinando instalación, teatro, danza e circo