in ,

Paula Quintas estrea Multiperspectivas#2 combinando instalación, teatro, danza e circo

A estrea do espectáculo é en Santiago o día 11 de febreiro ás 18.30h

Multiperspectivas#2 de Paula Quintas
Paula Quintas nun momento do espectáculo. Foto: cedida

A Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta de Santiago acolle a estrea do novo espectáculo de de Paula Quintas, Multiperpectivas#2. O público poderá desfrutar desta proposta, que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea, o día 11 de febreiro ás 18.30h e que combina instalación, improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. A creación corre a cargo de Paula Quintas, Rut Balbís, Arturo Cobas, estes últimos asinan a dirección e coreografía. Un proxecto que inclúe á propia Paula Quintas e a Antón Coucheiro.

Quintas experimenta cos límites entre as artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea. Multiperpectivas#2 é unha investigación desde un traballo académico e performativo titulado Filosofía y estética del cuerpo en el circo coreografiado: perspectivas multidisciplinares y transversales, entre los diálogos entre la danza y el circo y las nuevas complejidades escénicas, presentada a modo de tesina pola Universidade Rey Juan Carlos, no 2020. “A instalación xorde desde a necesidade práctica da acción e a perspectiva do espectador como reflexión contemporánea”, afirma Quintas.

A partir da primeira cápsula presentada no Festival Escenas do Cambio 2021, onde se formulaba un dispositivo sonoro de contacto arredor dunha instalación de arames tensos, sen participación do público polas distancias de seguridade sanitaria.


Publicidade

Multiperspetivas camiñou na investigación cara unha Cápsula #2, co marco teórico dunda tese doutoral comenzada en outubro 2021, co título  Cuerpo, objeto, tiempo y espacio, como soportes de las artes performativas: límites y confluencias entre la danza y el circo contemporáneo en la España del S.XXI, dirixida polo doutor Carlos Tejo na Universidad de Vigo. 

Nesta etapa realizouse unha residencia Atopémonos Bailando en Lugo coa sua correspondente presentación do proceso no Festival Cartografía en Movemento e posteriormente no Culturgal en Pontevedra. Tras a residencia no Centro Sociocultural de Santa Marta, o espectáculo finaliza coa súa estrea absoluta grazas ás axudas á creación da Agadic.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Escola de Letras Deputacion Pontevedra Esther F Carrodeguas

A dramaturga Esther F. Carrodeguas súmase á Escola de Letras da Deputación de Pontevedra

Gettyimages

Por que deixei ‘Pussy Cake’ de Matarile Teatro