in

Os Microefectos Dramatúrxicos volven ao Club Clavicémbalo

Esta fin de semana poden verse catro pezas novas

Microefectos dramatúrxicos Imaxe de Pepe Saavedra reducida
Imaxe de Pepe Saavedra.

Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresan esta fin de semana ao Club Clavicémbalo de Lugo. Os pases arrancaron onte, xoves, e continúan hoxe, venres, e mañá, sábado, entre as 20:30 e as 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas.

O grupo, que cumpriu dez anos a comezos de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan “historias da vida para rir ou chorar”, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

As pezas

Digno, católico e sentimental: Escribe e dirixe: Raquel López Cendán. Interpretan: Elvira Velasco, Brais García, Isa Herrero e Raquel López Cendán.

Inteligencia artificial diversa funcional: Escribe e dirixe: Pepe Saavedra. Interpretan: María Grandío, Brais García e Raquel López Cendán.


Publicidade

Guateque Guarrete: Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Raquel López Cendán, Brian Rodríguez, Brais García, Isa Herrero, Elvira Velasco e Anxo Manoel.

A vida é un festival (ou o outro lado do xamón): Escribe e dirixe: María Grandío. Interpretan: María Grandío, Conchi Madrina, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Lingoreteira 1

‘Lingoreteira’, de Xarope Tulú, pecha o ciclo ‘Tras as ameas’

Hipócrita Teatro representa 'Arte'. Foto: Juan Rivas

O XXII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán arranca mañá