in ,

O dramaturgo catalán Josep Maria Miró imparte un obradoiro de escritura teatral en Compostela

Leva como título ‘Teatro e palabra’ e está organizado pola Fundación SGAE

josep maria miró coromina
O dramaturgo Josep Maria Miró Coromina

A Fundación SGAE vén de convocar en Galicia un obradoiro de escritura teatral co dramaturgo e docente catalán Josep Maria Miró. O taller celebrarase os días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo, en horario de 10.00 a 14.30 horas na sede de SGAE en Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2A, no parque de Vista Alegre). O prazo de inscrición está aberto ata o 26 de febreiro.

Josep Maria Miró i Coromina é un autor teatral cuxa obra ten sido montada en máis de cen producións e en vinte linguas. Ao longo da súa carreira ten recibido numerosos recoñecementos, como o Premio Jardiel Poncela da Fundación SGAE; mellor autoría nos Premios Max; Premio Autor Exprés da Fundación SGAE; Premio Nacional de Literatura Dramática ou, en varias ocasións, o Premi Born, convocado polo Cercle Artístic de Ciutadella de Menorca. Dende 2015 é profesor de dramaturxia na Universitat de Girona (ERAM) e imparte regularmente cursos, obradoiros e seminarios no ámbito nacional e internacional.

Os textos cos que gañou o Premi Born foron traducidos ao galego por Afonso Becerra e publicados pola erregueté | Revista Galega de Teatro (A muller que perdía todos os avións, no número 63; O principio de Arquímedes, no número 71; e O corpo máis bonito que se atopará nunca neste sitio, no número 101).


Publicidade

O obradoiro de escrita teatral de Josep Maria Miró centrarase na palabra, as súas posibilidades de teatralidade e a súa importancia na creación de personaxes, atmosferas e tramas. A partir da lectura previa de materiais, combinarase a parte teórica con exercicios prácticos.

A inscrición está aberta a todas as persoas interesadas, aínda que terán prioridade as socias da SGAE, e farase enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: [email protected] O prezo da matrícula é de 45 € para as persoas que son socias, de 65 € para antigos alumnos/as e 85 € para o novo alumnado.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto Familia Finalistas Premios María Casares 2024 red

A AAAG desvela as candidaturas finalistas dos Premios de Teatro María Casares de 2024

ciclo todo publico primavera 2024 monstros producions teatrais excentricas

Producións Teatrais Excéntricas estrea ‘Monstros’