in

A Compañía de teatro universitario da USC- Lugo gaña o premio á mellor obra na 35ª Muestra de Teatro Joven de Donostia

A temática de ‘Deixar a pel’ xira arredor da xuventude, o amor, o suicidio adolescente, a disforia de xénero e a crítica social

Deixando a pel
'Deixando a pel', da Compañía de teatro universitario da UDC- Lugo.

A 35ª Muestra de Teatro Joven de Donostia, na que participaron un total de 180 mozas e mozos, divididos en 18 grupos, vén de resolver os seus premios. O xurado, composto pola actriz Maria Blanco e os actores Luix Mitxelena e Omar Somai, decidiu a pasada fin de semana outorgar o premio á mellor obra á peza Deixando a pel,  da Compañía de teatro universitario da USC- Lugo.

Deixando a pel
‘Deixando a pel’ levou o premio á mellor obra na 35ª Muestra de Teatro Joven de Donostia.

 An González, coordinadora da Aula de Teatro da USC – Lugo dende 2022, é a directora da compañía, que traballa teatro físico dende o adestramento dos view points. Esta está formada por sete mulleres, todas elas universitarias de entre 18 e 30 anos, “que tentan expresar a través da arte as problemáticas da actualidade co desexo de construír unha arte mobilizadora e transformadora da sociedade”.

Deixando a Pel
‘Deixando a pel’.

A peza premiada, Deixando a pel, danza entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada. “Cal é o límite dunha persoa? Non é a sociedade a que está mal? Canto podemos oprimir un ser humano ata que faga o innomeable?” Esas son algunhas das preguntas que expón a peza, cuxa temática xira arredor de da xuventude, o amor, o suicidio adolescente, a disforia de xénero e a crítica social.

 A obra foi estreada o 16 de Abril no 30º Festival de Teatro Universitario de Lugo, posteriormente foi representada en Santiago de Compostela (na Mostra de Teatro Universitario de Galicia), en  Pamplona (na Mostra de Teatro, UPNA), en Ourense (na MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense), en Lisboa (no Festival Anual de Teatro Académico de Lisboa, FATAL) e en Donosti (XXXV Mostra de Teatro Joven), onde resultou premiada.

 


Publicidade

Ficha artística e técnica

Dirección, dramaturxia e espazo escénico: An González

Integrantes da Compañía universitaria de teatro da USC – LUGO: Aitana López, Alba Giráldez, Anna Aycoberry, Andrea Maseda, Mohja Bouferma, Camila Besuschio e Ana Páez.

Técnica: Zoe Vixion
Fotografía: Laura Pose

Deixando a pel
‘Deixando a pel’

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Manuel Rey Is In Da House'. Foto: Centro Dramático Galego.

Faise pública a programación do 41º Festival de Almada, que inclúe ‘Manuela Rey Is In Da House’

'Cadernos de' Foto: ©Filipe Ferreira

Cadernos de