As novas linguaxes nas artes do movemento é o título da primeira das conversas do ciclo, que se celebrou o martes 13 de maio na sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña. O danzador e coreógrafo Jesús Carmona (Premio Nacional de Danza 2020) e o bailarín e coreógrafo galego Daniel Rodríguez serán os relatores nesta cita.
As conversas do ciclo, que combinarán relatorios con actuacións ao vivo, celebraranse entre maio e outubro en diferentes localidades galegas co obxectivo de favorecer o intercambio, o debate e a reflexión arredor do papel dos/as profesionais da danza en Galicia e das novas tendencias do sector.
A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, impulsan o ciclo de conversas Entre formas e palabras que xirará arredor do sector da danza. Estes encontros, que combinarán relatorios con actuacións ao vivo, celebraranse entre maio e outubro en diferentes localidades galegas co obxectivo de favorecer o intercambio, o debate e a reflexión arredor do papel dos/as profesionais da danza en Galicia e das novas tendencias do sector. Ao mesmo tempo, búscase poñer en valor o papel dos/as creadores/as como axentes clave da industria cultural, favorecendo a creación de contextos que impulsen a profesionalización e a proxección dos proxectos emerxentes. Tamén se pretende fomentar a conexión con outros territorios, promovendo redes de colaboración con artistas e compañías de fóra de Galicia.
Inscrición gratuíta
As novas linguaxes nas artes do movemento foi o título da primeira das conversas do ciclo, que se celebrou o martes 13 de maio na sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña (Praza María Pita, 17).
O danzador e coreógrafo Jesús Carmona (Premio Nacional de Danza 2020) e o bailarín e coreógrafo galego Daniel Rodríguez foron os relatores nesta cita, para a que se contou cun showcase a cargo da intérprete e creadora galega Julia Laport. A conversa estivo conducida pola bailarina, coreógrafa e xestora cultural Paula Quintas.
As seguintes sesións versarán sobre A arte de narrar e o movemento (26 de xuño, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela), Tecendo redes (2 de agosto no Festival Danza no Claustro, en Xunqueira de Espadanedo), Danza sen fronteiras: un diálogo entre estilos (18 de setembro na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo), Da idea ao escenario: creación (3 de outubro no Festival 6coreógrafas, na Estrada) e A danza no ollar do cine (24 de outubro na Filmoteca de Galicia, na Coruña).
Aposta polo sector da danza da Fundación Paideia Galiza
A Fundación Paideia Galiza aposta polo desenvolvemento de proxectos emprendedores no ámbito da cultura. Dende o 2016, promove iniciativas de formación e divulgación do talento emerxente no ámbito da música e neste 2025, decidiu ampliar os seus programas para incluír a danza dentro das súas accións formativas e de divulgación.
Ademais da posta en marcha deste ciclo de conferencias, o pasado mes de marzo deu comezo o Programa Formativo de Emprendemento para Artistas da Danza e Artes en Movemento en colaboración coa Escuela de Organización Industrial – EOI, no que participan unha vintena de emprendedores do sector. O obxectivo deste programa é formar e capacitar artistas do mundo da danza, promovendo a súa competitividade e incrementando as posibilidades de éxito dos proxectos en fase temperá de desenvolvemento.
Sobre a Fundación Paideia Galiza
A Fundación Paideia Galiza é unha organización galega creada en abril de 1986. A súa misión é “provocar cambios sociais que favorezan a igualdade de oportunidades, creando espazos de formación e reflexión, e as condicións necesarias para o desenvolvemento integral das persoas”.





