O parque de Samertolameu de Meira será esta fin de semana o escenario da primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu. O programa inaugúrase hoxe, venres 3 de xullo, cunha función de Titiricircus, de Tanxarina Títeres e desenvolverase entre hoxe e mañá. Contará con zona de lecer, mostra de artesanía e coas seguintes actuacións:
Venres 3 de xullo
21.00 TANXARINA TÍTERES presenta “TITIRICIRCUS”, Galiza.
22.30 BANDA D’ALEM, Madeira, Portugal.
24.00 XAVIER BLANCO “En Raíz” co artista convidado RAÚL RODRÍGUEZ, Galiza-Andalucía.
Sábado 4 de xullo
21.00 TEATRO DE NINGURES presenta “O BUSCADOR DE ILLAS”, Galiza.
22.30 A.C. PARRANDA EL LEBRILLO co CORPO DE BAILE EL ÁLAMO, Illas Canarias.
24.00 MARIACHI AZABACHE co BALLET LEYENDAS DE MÉXICO, México.
O proxecto
Este festival está organizado pola A.V. Novameira coa participación do Concello de Moaña e as axudas da Comunidade de Montes de Meira, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, e nace coa aspiración de difundir, irmandar e pór en valor as culturas de raíz propias e alleas.
Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.
Latest posts by Redacción
(see all)