in ,

O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE)

Está impulsada por Laboratorio Escénico Coop, co apoio do Concello da Coruña, a través do IMCE

Punto Ceo, de Estrella Tomé
Imaxe extraída do cartel de 'Punto Ceo', de Estrella Tomé, que se poderá ver na I Mostra PACE.
Os proxectos escénicos seleccionados no curso 2025-26 para o Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) poderán verse hoxe, venres 31 de xullo, nunha mostra que acollerá o auditorio do Centro Ágora da Coruña, a partir das 19.30 horas. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.
PACE é un proxecto impulsado por Laboratorio Escénico Coop e que conta co apoio do Concello da Coruña, a través do IMCE, que ofrece un espazo onde acoller as e os artistas e onde compartir a experiencia creativa e artística, acompañándoos na creación das súas pezas e achegándolles formación e asesoramento. Nesta primeira edición (2025-26) acompañáronse os procesos creativos de Estrella Tomé, Adelaida García, Jacqueline Reimúndez, Marta Cuba, Carmen Pardo, Lúa Pagán e Patricia Iglesias.
Nesta I Mostra de Proxectos Escénicos PACE amosaranse as seguintes pezas:
  • Intres, de Jacqueline Reimúndez, con música en directo de Vicente Couceiro e Ruben Servide (compañía Darlle Bolo).
  • Punto Ceo, de Estrella Tomé.
  • Venera, de Marta Cuba.
  • Línea Interna, de Carmen Pardo.
  • Ingrávida, de Adelaida García, con música en directo de Miguel Ángel Fernández.
Poderase asistir tamén á estrea da videodanza de 2026 Áurea, de Alicia López, e dúas coreografías grupais creadas durante o proceso de formación que ofrece o PACE (Pulso de Marea, creada por Ana Beatriz Pérez coa colaboración das intérpretes; e Magma, creada por Alba Fernández, Alicia López e as intérpretes).
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Paula Carballeira

NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral