in ,

Tarabela Creativa estrea en Burela ‘O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger’

Hoxe, venres, 9 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal

Imaxe dun ensaio do espectáculo 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger', de Tarabela Creativa.
Imaxe dun ensaio do espectáculo 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger', de Tarabela Creativa. Foto de Iván Mouronte.

O novo espectáculo da compañía luguesa Tarabela Creativa, O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, estréase hoxe, venres, 9 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Burela. Carmen Conde escribiu a obra, que conta coa dirección de Avelino González e está coproducida polo Concello de Burela. O elenco está formado pola propia Carmen Conde e por Xosé Manuel Esperante e Fran Lareu.

A trama xira arredor da figura do pai da autora, especialista en pegadas dactilares da Xudicial dende os anos oitenta, destinado en Burela durante máis dunha década. Máis tamén fala de toda unha investigación dunha serie de delitos que poñen enriba da mesa unha cuestión: calquera persoa, chegado o momento, pode ser delincuente. Trátase dunha peza que ten un ritmo intrépido e que incorpora moitos personaxes baseada en feitos reais.

A compañía desenvolveu tres semanas de ensaios en Burela antes da estrea de hoxe e contou tamén co patrocinio do hotel Nordés e do Rompeolas. Así mesmo, o Concello de Agolada colaborou con Tarabela Creativa con outras tres semanas de residencia previas ás de Burela.

As entradas poden mercarse no despacho de billetes do propio auditorio da Casa da Cultura dende unha hora antes ao comezo da función.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

6coreógrafas presentación

A Estrada acolle a sexta edición do festival 6coreógrafas