in , ,

A Estrada acolle a sexta edición do festival 6coreógrafas

Esta fin de semana, con programación de rúa e de sala

6coreógrafas presentación
Presentación da edición de 2026 de 6coreógrafas. Fonte: 6coreógrafas.

O vindeiro sábado 10 de outubro de 2026 diferentes espazos da Estrada acollerán a programación da sexta edición do festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas, que contará con dúas estreas absolutas, espectáculos con música en directo, obradoiros participativos interxeneraxionais e unha sesión vermú.

Baixo a dirección artística de Paula Quintas e co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia e o Concello da Estrada, o festival busca “dar visibilidade ao talento e reforzar o tecido escénico galego, os novos formatos e a mediación cultural”.

Danza na rúa e música en directo

O espazo público será o gran protagonista coas intervencións de Furia Sotelo, que presentará Suit(e) acompañada pola música en directo do violonchelista Millán Abeledo, e a compañía Disidencia, que porá en escena a súa peza Bipedestrucción.

Comunidade, mediación e sesión vermú

Fiel á súa filosofía de achegar a danza a todos os públicos, o festival inclúe un obradoiro interxeneracional liderado por Kirenia Martínez Acosta. Ademais, a Praza de Galicia acollerá a acción participativa Accionando corpos, que culminará cunha sesión vermú musicalizada por Eva Comesaña.

Programación

11:00- 12.00 horas. Obradoiro interxeneracional, a cargo de Kirenia Martinez Acosta. Público aberto e para o alumnado da EMAE- Infantil e adulto.

13.00-14.00 horas. Accionando corpos en espazo público + Eva Comesaña, en Sesión vermú. Praza de Galicia.

18.00 horas. Très Bien. Estrea. Galicia. Inés Santos e María de Vicente – Cía. Marta Alonso Tejada. Dúo de danza contemporánea de rúa. Duración: 11 minutos. Praza de Galicia.

18:15 horas. Suit(e). Galicia. Furia Sotelo. Solo de danza contemporánea de rúa con música en directo, con Millán Abeledo. Duración:30 minutos. Praza de Galicia.

18.45 horas. Bipedestrución. Galicia. Marcia Vázquez e Martina Los Arcos – Disiden.cia. Dúo de danza contemporánea de rúa. Duración: 30 minutos. Praza de Galicia.

19.30 horas. BenQuerer(me). Estrea. Galicia. Fran Sieira. Solo de danza tradicional + contemporánea para sala. Duración:45 minutos. Teatro Principal da Estrada.

Equipo

Dirección e curaduría artística: Paula Quintas
Produción: Ana Quintas e Arturo Cobas
Foto e video: Miguel Gendre e Román Sanín
Deseño gráfico: Eva Díaz
Dirección técnica: Valentin Torrado
Colaboran: Concello da Estrada, Agadic- Xunta de Galicia

Agradecementos: Xosé Lueiro

6coreógrafas Furia Sotelo
‘Suit(e)’, de Furia Sotelo. Fonte: 6coreógrafas.
Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esther F. Carrodeguas nun encontro de Barrios en Lucha

ButacaZero abre ao público o seu proxecto ‘1972’