Libros de vello / libros de saldo 1

Expresión dramática infantil

Nesta sección, Libros de vello / Libros de saldo, presentamos traballos substantivos nas diferentes disciplinas que conforman o campo dos estudos teatrais pero tamén as que se acollen baixo a denominación de disciplinas da creación teatral, tamén ditas ciencias do teatro. Son libros ata hai pouco difíciles de atopar, pero o auxe das librerías de vello permítenos atopalos e mercalos a un prezo realmente módico, case de balde, o que é unha verdadeira regalía considerando todo canto eses libros esquecidos poden achegar ás nosas librerías pero sobre todo ás nosas cabezas (e corpos). Ademais son librerías que ofrecen un servizo normalmente de primeira calidade e os libros chegan en pouco tempo e en magníficas condicións.

Só un home bo de Raúl Dans

Só un home bo

Lendo o título que Raúl Dans escolle para o seu texto, e despois de ter lido tamén a propia peza, cabe preguntarse onde é que está o “home bo” ao que fai referencia, ou mesmo se é que hai algún home bo agochado entre as súas cadeas de palabras. Pois na maneira de compoñelo, o tal título semella querer trasladar a idea de que alguén, despois de todo, ou malia todo, non deixa de ser unha boa persoa.

Alborada de Edipo de Xesús Pisón

Alborada de Edipo

Alborada de Edipo, de Xesús Pisón, é un volume moi interesante, que ten a virtude de dar que pensar e dar que falar (ou escribir), e nesa dirección cumpre coa finalidade formulada na súa contracapa, ao destacar a “ansia de procura, de encontro e de debate”. En efecto, un traballo que revolve, por dentro e por fóra, pois desafía, procura confrontación. Contra a indiferenza.

Galaxia publica ‘O home traveseiro’ de Martin McDonagh

A Editorial Galaxia, vén de publicar O home traveseiro, de Martin McDonagh, en tradución de Manuel Vieites, un volume que fai o número 13 da súa Biblioteca ESAD, onde xa se publicaron obras doutros autores contemporáneos que marcan a dramaturxia contemporánea: Thomas Bernhard, Heiner Müller, Sarah Kane, Caryl Churchill… McDonagh é un dos autores dramáticos máis […]

Manuel F. Vieites e Catuxa López Pato, finalistas dos Premios ADE

O vindeiro 4 de febreiro, no Teatro de la Comedia de Madrid, terá lugar a entrega dos Premios ADE 2018, convocados pora Asociación de Directores de Escena de España. Estes premios outórganse anualmente mediante votación dos asociados da ADE. Entre os finalistas dos premios ADE figuran Manuel F. Vieites, como candidato ao Premio «Leandro Fernández […]