in

Cara a un diágnostico das Artes Escénicas en Vigo

ateneo

Hoxe mércores 17 de xaneiro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), o Ateneo Atlántico propón un novo “Estado da cuestión”, neste caso sobre as artes escénicas en Vigo.

O formato do Estado da Cuestión consiste na presentación de cada palestrante facendo un diagnóstico de 5 minutos cada un, ao que seguirá un coloquio-debate entre eles e co público para que os asistentes podan preguntar, propoñer ou opinar, desde unha participación o máis activa posible. O Ateneo pretende que deste modelo de encontro poidan saír ideas que dean froitos sobre a situación destas manifestacións artísticas, algo pouco frecuente no debate cultural da cidade.

En total, participarán oito axentes ben coñecedores desta realidade:

PUBLICIDADE
  • Marité Cores, polo Teatro García Barbón d’Afundación
  • Raquel Hernández e Pedro Fresneda, polo Teatro Ensalle
  • Marcos Alonso, pola Sala Ártika
  • Un representante do Auditorio Municipal do Concello
  • Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez, por dous colectivos que levan moitos anos traballando na danza e no teatro:
  • Santi Montenegro, por Artello Teatro
  • Julio Fer por Anómico Teatro
  • , pola Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.

En opinión do coordinador do acto, o dramaturgo, doutor en artes escénicas e director de escena, Afonso Becerra, “sobra dicir que as artes escénicas, a danza e o teatro, sobre todo nos estilos máis contemporáneos, son un dos indicadores principais do benestar e do desenvolvemento cultural dunha colectividade”, e engade que neste encontro “daránse cita os axentes activos na cidade de Vigo neste momento, directamente relacionados coa produción e exhibición de espectáculos, e tamén coa formación.

Este é o segundo Estado da Cuestión organizado polo Ateneo Atlántico desde que comezou a súa andaina a primeiros de outubro. O anterior foi sobre o futuro do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Ambos enmárcanse nun ciclo sobre os contedores culturais da cidade e o seu aproveitamento social e cultural

A entrada será libre ata completar o aforo do local que é, aproximadamente, de 90 persoas.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    rufian dichoso

    XVIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo

    Jaguar

    Meg Stuart e Marlene Monteiro Freitas premiadas na Bienal de Venecia