
O VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro –convocado pola erregueté (Revista Galega de Teatro) e a Asociación Cultural Entre Bambalinas– xa ten gañador. As bases propoñían unha adaptación dun fragmento da obra Caixa negra, de Fernando Epelde, editada no número 74 da revista, e a proposta de Manuel Tudela Díaz resultou vencedora.
Un xurado composto por Pepe Carreiro, ilustrador e deseñador de BD, Anxo Fariña, escritor, ilustrador e deseñador e Vanesa Sotelo, dramaturga e directora da erregueté, destacou a adecuación da imaxe á intensidade dramática da obra de Fernando Epelde e a condensación narrativa conseguida na proposta.
Agora, Tudela Díaz deberá realizar a adaptación completa do texto, que se publicará a finais deste ano dentro da colección que a Revista Galega de Teatro mantén dende 2007.
Os anteriores gañadores deste Certame foron Brais Rodríguez (2007) pola adaptación da obra Doentes de Roberto Vidal Bolaño; Diego Campos (2009), pola adaptación de Hámster de Santiago Cortegoso; Juan Molina Fernández (2011), pola súa versión de Belicosario, de Manuel Lourenzo; e Diego Blanco (2013 e 2015) polas adaptacións de 2132 de Roberto Vidal Bolaño e de Imundação de Marta Freitas.
- A MITCFC desvela as datas e o programa completo da súa 43ª edición - 09/05/2026
- O FIOT convoca a décima edición do Certame Metro Cadrado - 04/05/2026
- PAM convida a celebrar o Día da Danza - 28/04/2026




2 Comentarios
Retrucar