in , ,

O sector das artes escénicas de Galicia reúnese no FIOT para buscar sinerxías

fiot |

Programadores e organizadores de festivais e compañías teatrais analizan, nunha mesa de traballo inédita, futuras posibilidades de colaboración.

 

fiot |

 

Carballo acolleu hoxe, baixo iniciativa do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), unha mesa de traballo inédita entre programadores e organizadores de festivais e compañías do sector para analizar posibilidades de colaboración e procura de sinerxías.


Publicidade

A reunión tivo lugar entre as 16 e 18 h deste xoves no Pazo da Cultura e nela abordaron a realización de residencias para que as compañías preparen os seus espectáculos, a participación en coproducións e en estreas, entre outros asuntos. Ademais, intercambiaron opinións sobre as súas experiencias, posibilidades de colaboración e as novas vías para axudar á facer visibles os traballos de compañías emerxentes e xa consolidadas.

O FIOT ten accións moi concretas para facer visible a actividade das compañías, como é o caso do “Café con”, a Escola do Espectador e o Xograr de Outono. Tamén apoia a creación coas residencias de artistas, coproducións e o Certame do Microteatro que se puxo en marcha durante a actual edición.

Posta en común e Asemblea Xeral de Escena Galega 

Neste primeira análise tiveron en conta as características de cada festival co obxectivo de adaptarse mellor ás súas necesidades. Sobre todo, a reunión foi un intercambio e posta en común de opcións para os axentes que forman parte das artes escénicas da comunidade.

O encontro contou coa participación de numerosas compañías teatrais galegas, que pola mañá (entre as 11.30 e 13.30 h) xa se reuniran no mesmo lugar con motivo da Asemblea Xeral de Escena Galega, a asociación de referencia das artes escénicas de Galicia, e que agrupa a 34 entidades, a maioría das que existen na nosa comunidade. A Asemblea celebrouse en Carballo no marco da XXVI edición do festival.
 
 
 
 
 
 
 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

bdcertameweb |

Manuel Tudela Díaz gaña o VI Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro

craniosprivilexiados |

Cranios privilexiados