in

Lucecús estrea Logos en Rianxo

logoslucecus |

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle o vindeiro xoves 18 de xaneiro, ás 20:30, a estrea de Logos, unha nova montaxe da compañía Lucecús, con texto de Anxo Manoel e dirección de Santiago Cortegoso.

Logos é un xogo cómico de revisión posmoderna do mito de Prometeo, ambientada nun futuro distópico. Nomi e Clin, dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema, viven cómodamente nun mundo no que todo aquel que nel habita ten traballo, come, ten cobertura sanitaria…etc. Aparentemente todo funciona á perfección, pero Nomi descubre que non son libres de facer aquilo que queiran facer, que só uns elixidos poden e que o destino da maior parte da poboación, é desaparecer para que o mundo quede nas mans da elite. Unha vez descuberto isto comezan a loita por sobrevivir e mudar as cousas sen demasiadoéxito até a aparición nas súas vidas de Promo. Promo, criado e educado para herdar as rendas do poder, experimentará un xiro na súa vida ao coñecer a Nomi e Clin e descubrir o saldo de mentiras, horror e violencia que impregnan o seu mundo.

Os tres, armados de conviccións, tratarán de cambiar as cousas, tratarán de facer realidade a utopía.


Publicidade

A entrada será de balde ata completar o aforo.

A seguinte cita desta obra será no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, o domingo 21, á mesma hora.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eurodrame1 |

O programa Eurodram escolle obras para traducir a outras linguas

rufian dichoso |

XVIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo