in

‘Cultura no camiño’ esténdese a 103 concellos das rutas xacobeas

frechaamarela |
Na súa sexta edición, mantén o obxectivo de enriquecer e descentralizar a oferta cultural, ao tempo que se dinamiza a contratación de espectáculos galegos coa participación de 146 compañías escénicas e grupos de música profesionais.

 

A Xunta de Galicia organiza por sexto ano consecutivo o ciclo Cultura no Camiño, que se estende ata finais de setembro por 103 concellos das rutas xacobeas cunha programación de 342 citas escénicas e musicais. Esta iniciativa, promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, volve contar, ademais, co patrocinio de Gadis.

O programa mantén como obxectivo enriquecer e descentralizar a oferta cultural galega, así como dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, música, maxia, novo circo e danza producidos en Galicia de xeito profesional. De feito, este ano serán 142 as formacións artísticas en cartel, cifra moi superior á das 56 compañías coas que o ciclo botou a andar en 2013. Desde entón tense case duplicado, así mesmo, o número de concellos participantes e cuadruplicado as funcións ofrecidas.

Para acadar estes resultados, Cultura no Camiño conta en 2018 cun investimento de 570.600 euros, asumido pola Xunta de Galicia e mais os concellos participantes, que contribúen a costear parte dos cachés artísticos.

 

De abril a setembro


Publicidade

Esta sexta edición, que arrancou a mediados do pasado mes de abril, prolongaranse ata o 30 de setembro, coincidindo co período de maior auxe das peregrinacións e contribuíndo tamén a enriquecer o programa turístico dos concellos participantes. Todos eles están situados nalgunha das rutas de peregrinación polas que discorre o Camiño de Santiago en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño Portugués pola Costa, Camiño Primitivo e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Por provincias, 38 concellos coruñeses acollerán 120 actuacións; en Lugo, 27 concellos ofrecerán 91 citas; 14 concellos de Ourense porán ao dispor do público 52 funcións; e en Pontevedra, 24 concellos programarán un total de 79 representacións.

Ademais, o programa ofrece unha destacada escolma da actual produción escénica e musical galega con nomes como Contraproducións, Ghazafelhos, Guadi Galego, Isabel Risco, Lila Teatro, Mago Teto, Mamá Cabra, Odaiko, Óscar Ibáñez, Pisando Ovos, Pistacatro, Rosa Cedrón, Treixadura, Xarope Tulú ou Xoán Curiel, citando tan só algúns dos 142 grupos e artistas incluídos nesta ampla carteleira. Serán, en total, 148 representacións de teatro, 92 actuacións musicais, 66 de maxia, 31 de novo circo e 5 de danza. Moitas delas organizaranse en emprazamentos ao aire libre, co que se multiplica a súa visibilidade e o seu labor de dinamización cultural.

O calendario de actuacións está dispoñible para a súa consulta no web da Agadic, así como na sección de axenda da páxina de Cultura da Xunta de Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ollomaoEnciclopedia2 |

VI Festival EstéNarúa de Ferrol

OlallaRodill |

O BNG pídelle á Xunta unha mesa de diálogo co sector teatral para reactivar o Centro Dramático Galego