Actualidade

Voadora estreará unha ópera de Fernando Buíde e Fernando Epelde en 2019

PUBLICIDADE

En novembro de 2019 estrearase en Santiago e Vigo A amnesia de Clío, unha ópera con música de Fernando Buíde e libreto de Fernando Epelde, que constituirá a primeira produción deste xénero da compañía Voadora. A dirección escénica correrá a cargo de Marta Pazos, mentres que Paul Daniels se fará cargo da dirección musical á fronte da Real Filharmonía de Galicia.

A Amnesia de Clío vai ser unha ópera en tres actos sobre unha hora e media de duración. O rol principal será Cicciolina, nome artístico de Ilona Staller, unha estrela do cine porno nos anos oitenta que chegou a desenvolver unha carreira na política italiana e que foi celebrada como musa da arte contemporánea despois de casar co artista Jeff Koons. O antagonista, por outra banda, será o ex presidente dos Estados Unidos George W. Bush. Xunto con algúns secundarios, armarán unha pequena distopía escrita en clave feminista.

Onte, Buíde e Epelde, compartiron nas Xornadas de Música Contemporánea de Compostela as claves desta ópera.

Fernando Buíde, nacido en Compostela en 1980, estudou en Santiago, Oviedo ePittsburgh, e recibiu o seu doutorado na Universidade de Yale. Foi compositor residente na Real Academia de España en Roma. Durante a temporada 2014-15 foi o compositor español actual máis programado por orquestas sinfónicas profesionales do estado español.

Fernando Epelde é un dos autores dramáticos galegos con máis proxección e adoita traballar en colaboración coa compañía Voadora. Entre as súas obras, pódense citar Caixa negra (Editado pola erregueté e obxecto dunha recente adaptación á banda deseñada por Manuel Tudela), Walkie Talkie, A guerra silenciosa, Street Art Symphonie, Drone, O mundo persistente, Calypso ou Garage, entre moitas outras. Compaxina o seu traballo como dramaturgo co desenvolvemento de varios proxectos musicais.

 

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos