in

As Artes Escénicas galegas, en Mercartes 2018

mercartes18 1 |
GaliciaEscena é o lema do stand da Xunta de Galicia no principal mercado do sector a nivel estatal, que reúne ata mañá 124 entidades expositoras e arredor de mil profesionais das artes escénicas

 

Unha delegación empresarial e institucional galega está promover as nosas artes escénicas na sétima edición da feira Mercartes, que se celebra ata mañá en Valladolid. GaliciaÉscena é o lema do stand, promovido pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que centraliza a actividade de difusión dos espectáculos galegos neste encontro, considerado o principal mercado a nivel estatal para o intercambio comercial neste sector.

A delegación galega está constituída polos representantes de seis empresas produtoras e distribuidoras (A Panadaría, Contraproducións, Culturactiva, Eme2 Producións, Lucecús Teatro e Pistacatro Produtora de Soños), así como da asociación empresarial Escena Galega. O director da Agadic, Jacobo Sutil, desprazouse hoxe ata Valladolid como parte desta delegación.

O stand reforza a participación destes representantes no encontro, servíndolles de epicentro para a difusión das súas últimas producións e para a celebración de xuntanzas con representantes de circuítos, escenarios e mostras de toda España na procura de ampliar a distribución exterior dos espectáculos de teatro, danza e novo circo feitos en Galicia.


Publicidade

A Federación Estatal de Asociaciones de Empresas de Teatro y Danza (Faeteda) e La Red de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública (La Red) organizan esta cita bienal, cuxo obxectivo prioritario é promover acordos comerciais entre os distintos axentes públicos e privados que interveñen nos procesos de produción, distribución e exhibición das artes escénicas.

Na súa sétima edición, a área de mercado da feira experimentou un notable crecemento ata chegar aos 124 expositores, que están a ser visitados polos arredor de 1000 profesionais de toda España inscritos este ano.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

IronSkulls |

III SóLODOS en Danza – Ourense

AlakranBarrigaVerde |

Mesa redonda sobre o papel da muller nos títeres tradicionais en Titiriberia