in ,

XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

CTEADC |

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña na súa XXII edición estará organizado polo IES Calvo Sotelo, centro dependente da propia Deputación da Coruña. Trátase dun certame de eido provincial aínda que está permitida a presentación de grupos, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, e previo estudo de viabilidade, poderán presentarse grupos e compañías de fóra de Galiza. As obras presentadas poderán pertencer a calquera xénero teatral. As compañías, grupos e centros educativos non poderán presentar a concurso as mesmas obras do ano anterior.

As categorías para participar serán as seguintes: benxamín (educación infantil e 1º e 2º de primaria), infantil (3º, 4º, 5º e 6º de primaria), cadete (alumnos e alumnas da ESO), xuvenil (de 16 a 25 anos inclusive) e senior (grupos e compañías de teatro afeccionado).

O prazo de inscrición rematará o mércores 6 de marzo de 2019 (inclusive), e unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representacións das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e ata o 19 de xuño nos días habilitados no formulario de inscrición.

Para a resolución de calquera dúbida pódese chamar aos seguintes teléfonos: 981 252 600 / 650 783 527 ou escribir ao enderezo electrónico: [email protected]


Publicidade

O horario de atención telefónico será os días lectivos no IES Calvo Sotelo de luns a xoves en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Venres en horario de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:00.

BASES

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

theatre 2535552 1280 |

Convocatoria para a XII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2019

MetodoNegro03 |

Javier Martín presenta o seu ‘Método negro’ en Madrid