in

Convocado o Premi Born 2019

PremiBorn2018 1 |

O Cercle Artístic, Sociedad Cultural de Ciutadella de Menorca, co patrocinio do Ajuntament de Ciutadella de Menorca; Consell Insular de Menorca; Govern de les Illes Balears e do Institut Nacional das Artes Escénicas y de la Música, convoca o XLIV Premi Born de Teatre de 2019. Os orixinais poden presentarse escritos en calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma das Illas Baleares. O premio está dotado con 14.000 euros e a edición da obra nas catro linguas oficiais do Estado español, sendo a erregueté a encargada da publicación en galego.

As persoas interesadas poderán participar con cantas obras desexen, sempre que non estean publicadas nin representadas, e que non fosen premiadas nin antes nin durante o proceso de selección e até o momento do fallo do xurado. Non poderán presentarse autorxs premiadxs nas tres últimas convocatorias. Admitiranse traballos feitos en colaboración.

As bases da convocatoria recollen que debe presentarase un orixinal impreso, preferiblemente a dobre cara, e unha copia en formato dixital, en pdf e co soporte físico dun CD ou dun lapis de memoria, coa indicación XLIV Premi Born de Teatre 2010 na capa da obra, no CD ou lapis de memoria e no sobre. Os orixinais dirixiranse a: Secretaría do Cercle Artístic. XLIV PREMI Born de Teatre 2019. Plaça des Born, 19. CPO. 07760. Ciutadella de Menorca.

As persoas participantes presentarán as obras baixo lema ou pseudónimo. Os seus datos persoais (nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico) consignaranse nunha plica pechada, coa indicación “XLIV Premi Born de Teatre 2019”.

O prazo de admisión rematará o 8 de xuño de 2019. Para as obras enviadas por correo, contará a data do carimbo. O título da obra premiada farase público o día 26 de outubro de 2019.

Bases

 


Publicidade

Residencias de Creación 2019

De igual modo, o Cercle Artístic convoca tamén no marco da celebración do XLIV Premi Born de Teatre, la V Residencia de Creación Teatral dirixida a compañías e montaxes teatrais. O prazo para presentación de proxectos finaliza o 8 de xuño e darase a coñecer a adxudicación da residencia o 9 de xullo de 2019.

Para optar á Residencia de Creación, as candidaturas deberán presentar en formato pdf no enderezo electrónico [email protected] un proxecto que conteña: a) Proposta artística: título do proxecto e breve descrición do traballo a realizar, texto escollido e xustificación, necesidades concretas do espazo de ensaio, planificación das fases da residencia e b) Compañía: nome e datos de contacto da compañía e persoas participantes no proxecto, número exacto de persoas que participan na Residencia, currículum da compañía ou das persoas participantes.

A duración da residencia de creación será de dúas semanas (do 10 ao 24 de outubro) e realizarase en Ciutadella de Menorca.

Bases

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

puppets |

20M, por Paula Carballeira

CARLOS SANTIAGO Ladiapo |

Carlos Santiago asina o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro