in

Festival de Teatro Escolar en Palas de Rei

theater 432045 1280 |

O XII Festival Galego de Teatro Escolar de Palas de Rei celebrarase o sábado 6 de abril no Salón de actos da Casa de Cultura de Palas de Rei e no Castelo de Pambre. Este evento está organizado polo Obradoiro Municipal de Teatro en colaboración co Concello de Palas, a Asociación Cultural A Fonte de Merlán, o Grupo de música e baile tradicional Palacio do Rei, a Coral Polifónica de Palas, Alentía Teatro e Metátese Teatro.

Participarán nesta xornada cultural máis de douscentos actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Laxe, Compostela, Palas de Rei, Touro e A Estrada).

O programa deste Festival é o seguinte:


Publicidade

  • As 11:00 haberá un roteiro teatral, musical e poético dentro do Castelo de Pambre que estará protagonizado pola Coral Polifónica de Palas de Rei, as Asociacións culturais A fonte de Merlán e Palacio do Rei, polo alumnado do Obradoiro Municipal de Teatro e por actores e actrices de Alentía Teatro e Metátese Teatro. Este roteiro combinará música, teatro, poesía e xogo e persegue varios obxectivos: achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, o achegamento do alumnado ao mundo rural e á cultura tradicional e a posta en valor do patrimonio cultural que posúe o Concello de Palas.
  • Ás 13:00 horas, na Casa de Cultura de Palas de Rei, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, A Escola Municipal de Teatro de Palas, A Aula de Teatro do CPI de Touro, A Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, “Avelaíñas Teatro” e A Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas porán en escena o espectáculo Vogando nos contos, unha viaxe ao universo da imaxinación, da diversión e do xogo para abrir unha fiestra á fantasía e desfrutar da maxia da creatividade que ilumina un camiño de marabillas que nos permite poñer ás e voar. Actrices e actores sobre un escenario onde habita unha utopía que, paseniñamente, se transforma en realidade, grazas ao traballo cooperativo de todo o grupo e que alimenta as raíces e os anceios de compartir a certeza de que a liberdade só é posible cando nos atrevemos a soñar un mundo máis xusto e libre.

Este Festival permite que o alumnado das cinco aulas de teatro interactúe e propicia que amose o traballo realizado durante o Curso teatral que se desenvolveu ao longo do curso académico 2018/19 nas cinco localidades; ademais de integrar a persoas con diferentes capacidades, de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente nun obxectivo común: a posta en escena dunha obra teatral . Insírese dentro dunha xira de funcións que comezou o día 8 de febreiro no Teatro Principal de Ourense, continou en Touro, o 31 de marzo, e seguirá en Compostela, A Estrada, Laxe, Bologna, Florencia e Pisa.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fábula galénica |

Comeza a Mostra de Títeres de Ribeira

BerberecheiraLibro |

Chévere presenta o libro dos proxectos escénicos sementados na Berberecheira