in

Chévere presenta o libro dos proxectos escénicos sementados na Berberecheira

BerberecheiraLibro |

Berberecheira: laboratorio de creación escénica de Chévere é un novo libro publicado por Chévere que recolle os textos de Goldi Libre, de César Goldi, Salvador, de Borja Fernández e de Anatomía dunha serea, de Iria Pinheiro. Os tres son espectáculos “sementados” na Berberecheira, xunto a imaxes dos procesos de traballo e das obras e cuns textos ddos autores que reflexionan sobre a experiencia de levar a vida propia ao escenario.

A Berberecheira é un laboratorio de creación escénica promovido e xestionado polo grupo Chévere, que forma parte do plan de residencias desenvolvido pola compañía no concello de Teo. Unha iniciativa que utiliza como soporte a estrutura, os medios, o coñecemento, a experiencia e a proxección dunha compañía veterana como Chévere, para apoiar proxectos de creación innovadores que van máis alá do núcleo estable do grupo para ampliar así as voces e as poéticas vencelladas ao percurso artístico de Chévere.

Nestes primeiros anos, a Berberecheira centrou o seu interese en proxectos escénicos que documentan experiencias e historias persoais, contadas en primeira persoa e conectadas con acontecementos colectivos.Segundo a propia compañía, os espectáculos producidos na Berberecheira caracterízanse por:


Publicidade

  • o rigor no tratamento das fontes documentais,
  • a exposición de experiencias persoais que conectan con problemas e feitos colectivos,
  • a narración en primeira persoa,
  • a investigación sobre o teatro autobiográfico,
  • a xestión colectiva do proceso de creación,
  • a apertura do proceso de investigación á participación doutros axentes creativos, técnicos e sociais,
    a veracidade dos feitos narrados,
  • o establecemento dun pacto claro co espectador en relación á verdade e á ficción,
  • a exploración de rexistros, soportes, narrativas e formas escénicas innovadoras.

Agora, o novo libro recolle o traballo destes anos para transmitir a experiencia de cada un destes espectáculos que, se ben teñen moito en común, tamén teñen características propias que os singularizan

O libro, que conta cunha distribución limitada, pódese mercar nas seguintes librarías: Couceiro, Lila de Lilith e Númax, en Santiago; Berbiriana, en Coruña; Cartabón, en Vigo e Trama en Lugo. Tamén se pode escribir a [email protected] e mandarancho á casa.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

theater 432045 1280 |

Festival de Teatro Escolar en Palas de Rei

GalaCirco2 |

Gran Gala do Circo en Compostela, da man de Pistacatro