in

Gran Gala do Circo en Compostela, da man de Pistacatro

GalaCirco2 |
O Concello de Santiago adiántase ós festexos do Día Mundial do Circo –que se celebra o 21 de abril– coa Gran Gala de Circo con Pistacatro. Será este domingo 7 de abril, ás 18:30, no Auditorio de Galicia.

 

Compostela é unha cidade de circo, numerosos artistas circenses residen na cidade e queren celebrar o seu día, o Día Internacional do Circo, facendo unha mostra do mellor do seu traballo dos mellores números dos colegas do estado. A Gran Gala de Circo contará unha completísima variedade de números das disciplinas máis sorprendentes e arriscadas.

A fórmula do cabaret colectivo sempre foi unha das especialidades de Pistacatro. O potencial creativo individual dos artistas galegos fai que a suma dos mellores números e sketches de cada un dos artistas fagan un conxunto de luxo. Os cabarés de circo e galas de circo de Pistacatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos como do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketches de humor, os monólogos, as acrobacias, ou os números máis arriscados e espectaculares. Ofréceselle así o público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de 5 ou 10 minutos.

Publicidade

Nesta ocasión a gala, conducida por Pablo Reboleiro, socio fundador da compañia Pistacatro, contará con artistas locais e galegos e tamén con algunhas sorpresas vidas de fora, como é o caso da italiana Marta Camuffi, que fai suspensión capilar, ou Zenaida Alcalde, socia fundadora da compañia de circo Puntocero, especialista en aéreos, e que recentemente acaba de estrear xunto a Miguel Muñoz, o mellor mago do mundo, a película Dumbo, dirixida por Tim Burton.

Números de malabares, humor e clown, aéreos (corda, trapecio e suspensión capilar), e funambulismo e danza, completarán esta Gran Gala de Circo, que contará co acompañamento en directo de Aló Djangó Trio. Os artistas que acompañarán a Pistacatro Productora de Soños enriba do escenario son Marta Alonso, Arturo Cobas, Paula Quintas, Álvaro Reboredo “Fiti”, Jesús Velasco “Xampi” e as convidadas Marta Camuffi e Zenaida Alcalde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

BerberecheiraLibro |

Chévere presenta o libro dos proxectos escénicos sementados na Berberecheira

Candinsky |

AveLina Pérez participará no Torneo de Dramaturxia do Teatro Español de Madrid