in ,

Cántigas da Terra estrea ‘O engano’ de Leandro Carré

OEnganoCarre |
A obra, que recibiu un accésit no certame convocado polas Irmandades da Fala, nunca chegou a estrearse.

 

Este sábado 11 de maio, ás 16.30, no IES Calvo Sotelo da Coruña, o Cadro de Teatro de Cántigas da Terra, dirixido por Moncho Iglesias, estreará a obra O engano, de Leandro Carré Alvarellos, no XXII Certame de Teatro escolar e afeccionado da Deputación da Coruña.

O engano. Comedia dramática en tres actos foi unha das tres obras de Leandro Carré Alvarellos que obtivo “Accésit” no Certame convocado pola Irmandade da Fala en Betanzos en xuño de 1919. O manuscrito da obra está datada en setembro de 1919.

A obra, publicada en 2011 en edición de Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, nunca chegou a estrearse, aínda que si ensaiada en 1924 pola Escola Dramática Galega, e non representada posiblemente por mor da legalidade da ditadura de Primo de Rivera.

Segundo o seu autor: “é unha chamada á mocidade artística e literaria; á cantos senten un ideal de grandeza espiritual, para que non deixen á Galicia, para que adiquen o esforzo da súa intelixencia á laborar no propio fogar, na propia terra”.

 


Publicidade

Sinopse

En Compostela nun marco de humor ácido, Ernesto despois de ler na prensa un artigo escrito por un amigo que esaxera o grande éxito da súa estrea teatral, debate con outros sobre a verdadeira validez desas críticas fronte á opinión do público. Deixase arrastrar pola ambición literaria e polas ansias de triunfo, para ir a onde a súa valía sexa ben recoñecida. Desoíndo os consellos de algún amigo, moza e familia, emigra a Madrid animado pola irmá e falsos amigos, coa intención de converterse nun destacado persoeiro, deixando o negocio, a familia, moza e amigos por acadar a fama na capital.

Pasa o tempo e non se reciben novas del, buscan na prensa da capital e non as atopan. Pasado o tempo un amigo que ven de Madrid infórmaos que Ernesto está facendo traballos que nada teñen que ver coas súas aspiracións, e tampouco ten axuda dun suposto amigo que o despreza publicamente, o mesmo que o animara a irse e que quería unha acta de Deputado, fórase a rogala alá para trunfar coa política na corte, sen acadala.

Despois de festexar o regreso de Ernesto, ben acollido por todos os que o animaran a traballar pola súa terra, xorden as preguntas do seu fracaso. Pese aos apoios destes, vive nunha profunda frustración, lembra versos de Rosalía de Castro e medita nas razóns da súa decepción na capital do Reino.

Ao final cae na conta do seu fracaso e na súa imposibilidade de afrontalo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

LaGranOfensa |

A Mostra de Cangas e o Singlot estrean conxuntamente ‘La Gran Ofensa’

PavelŠmíd |

Máis de 60 actividades e 30 compañías no Festival de Redondela