in ,

I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal 2019

theater 1477670 1280 |

Co obxectivo de estimular a escrita teatral no ámbito amador e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a PLATTA (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador constituída pola Federación Galega de Teatro Amador, a Federación de Grupos Aficionados de Castela-León, a TEIA/Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana e a Revista Galega de Teatro), e coa colaboración da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, convócase o I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal 2019. O prazo para o envío de orixinais está aberto ata o 14 de xullo para todas as persoas interesadas, coa única condición de presentaren o seu traballo en lingua portuguesa.

As obras, de temática libre, serán completamente inéditas e terán unha extensión de 5 a 10 páxinas. O material deberá enviarse por correo electrónico a [email protected] en formato pdf (DIN A4, letra Times New Roman 12) e con marxes de 3 cms. (superior e inferior, dereita e esquerda). O texto levará no seu inicio o TÍTULO (sen indicar a autoría), que aparecerá tamén no asunto do correo. Do mesmo xeito, noutro correo electrónico que levará como asunto TÍTULO DO TEXTO – AUTORÍA, xuntarase un documento no que figure o TÍTULO DO TEXTO e AUTORÍA (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico).

O texto gañador será levado á escena nos obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas dentro do programa de actividades do II Festival Transfronteirizo de Teatro Amador de Viana do Castelo que se desenvolverá os días 20, 21 e 22 de setembro de 2019 en Viana do Castelo. A persoa premiada será convidada a asistir ao acto das lecturas, no cal será presentada a súa obra e a súa traxectoria artística. A peza premiada será publicada en galego, castelán e portugués pola erregueté dentro dunha colección especial dedicada á PLATTA co apoio da Agrupación Europea de Cooperación Territorial. Cada autor ou autora premiada será agasallado con 15 exemplares do caderno.

O xurado estará formado por un secretario con voz e sen voto designado pola organización e tres persoas relacionadas co mundo teatral. A composición do xurado farase pública no momento de se producir o seu ditame. O xurado actuará en pleno, en sesión única e o seu ditame será inapelable.

 


Publicidade

Gañadores anteriores

Antonio Mauriz Martínez foi o gañador do I Premio Platta de Teatro Breve –Castilla y León con Amor de corbata mentres que Xosé Prada foi o vencedor do I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia coa peza Morreu a tía María. Os textos foron presentados no marco do Festival Transfronteirizo organizado en Zamora pola Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León e no Festival Transfronteirizo organizado no Carballiño pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, respectivamente.

 

Descargar as bases

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Directo93 |

Convocado o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego

GEP2019 |

20 espectáculos e novas oportunidades de intercambio en Galicia Escena Pro