in

‘Mapa’, do Colectivo Glovo, premiada no Certamen Internacional de Coreografía Burgos – NY.

Mapa |

O Colectivo Glovo, formado pola galega Esther Latorre e o portugués Hugo Pereira, vén de recibir o primeiro premio pola súa coreografía Mapa na segunda edición de “Bailando con Piedras”, a competición de pezas de rúa do Certamen Internacional de Coreografía Burgos – NY.

Mapa foi estreada no 2016 en Lados Danza en Valencia e tamén recibiu o premio do público en Sólodos En Danza Ourense 2016 e unha mención especial no Festival In Corto Danza de Italia 2019.

A peza xurde como unha necesidade de investigación de movemento, basado no mundo dos refuxiados e das fronteiras. Barreiras fronteirizas que, durante séculos, colocamos entre mundos, países e persoas. Esta distancia, real e hipotética, sitúa a ambos intérpretes nunha relación de aproximación e alonxamento, de poder e de sublevación, compartindo unha mesma premisa común: a imposibilidade de fronteira con nós mesmos.


Publicidade

O Certamen Internacional de Coreografía Burgos-Nueva York leva dezaoito anos convertendo a Burgos en escaparate das últimas creacións e tendencias coreográficas. Ao longo destes anos, ademais dos concursos, conformaron esta cita anual un curso internacional de coreografía e danza (o International Summer Dance in Burgos). E o lugar de reunión onde artistas e público coinciden facendo grande a filosofía desta competición: “a danza é o eixo vertebral no intercambio de emocións, ideas e recursos da arte escénica capaz de vincular o amor entre culturas e pobos”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Amarillo04 |

Amarillo

sarabelanormas |

Ribeira presenta o seu ciclo de teatro máis longo da última década