in

Claudia Dias e Pablo Fidalgo en Escena Patrimonio

Quintana |

O Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España é unha asociación sen ánimo de lucro declarada de “Utilidade Pública” que está formada polas quince cidades españolas declaradas Patrimonio Mundial: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza / Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. O seu obxectivo é o traballo coordinado e conxunto destes concellos a favor da conservación e promoción do inxente patrimonio histórico e cultural destas cidades.

En 2018, coincidindo coa celebración do XXV aniversario da creación, o Grupo puxo en marcha La Noche del Patrimonio. La Nit del Patrimoni. A Noite do Patrimonio, un evento que supuxo un gran éxito mediático e de participación, e que coa súa denominación, supón unha homenaxe ás culturas e linguas de todas as cidades do Grupo, que representan a diversidade e riqueza do noso país. A segunda edición de A noite… terá lugar hoxe, sábado 21 de setembro e estará estruturada en tres seccións: a danza será a protagonista en todas as súas formas e idades (EscenaPatrimonio), xornadas de portas abertas de monumentos (AbertoPatrimonio), e unha gran oferta de actividades culturais e de ocio nos nosos cascos históricos (VivePatrimonio).

Na Praza da Quintana de Compostela, ás 22:00, Cláudia Dias, co artista invitado Pablo Fidalgo, propón unha reconstrución dun combate de boxeo, cos puños ben apretados, un contra o outro, loitando coa palabra, literal e metafooricamente falando. O ring da paso á metáfora. A loita ten varios bloques de máis ou menos 30 preguntas sobre a distancia e a proximidade, a complicidade, a intimidade, e a diferencia; sobre por qué as cousas son como son, por qué somos como somos. En total, hai máis de 200 preguntas, interpretadas en vivo. Cada cuestión é un gancho ou dereitazo; palabras que nomean partes de combate e que pode conducir ao KO. OK.

 


Publicidade

Presenza galega

Nos actos que celebran esta noite do patrimonio, outros artistas galegos estarán presentes en Escena Patrimonio. Así, Fran Sieira estará no Patio do Palacio de Lorenzana, en Toledo, con EntreSoños, e Matarile estará presente en Salamanca con Los limones, la nieve y todo lo demás.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ChévereEquipoTeo |

Xesús Ron: “O teatro é sempre o máis vulnerable porque segue sendo unha arte popular”

carballo |

Xa están dispoñibles as entradas e abonos do 28º FIOT Carballo