in

Comeza en Ferrol a IV edición do Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques ‘Festea’

Ninho |

Comeza en Ferrol a cuarta edición do Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques Festea, que leva á cidade un total de 17 espectáculos infantís. Este ano, e como novidade respecto a edicións anteriores, as actuacións do festival non se centran unicamente no centro da cidade, sino que se estenden ao rural dando resposta así “a unha reclamación que os veciños levan tempo facendo”, segundo o concelleiro de Cultura, Antonio Golpe. Con isto, declarou na presentación, “cumprimos coa aposta por levar aos barrios e ao rural parte da actividade cultural”.

Os 17 espectáculos repartiranse as fins de semana entre o 19 de outubro e o 7 de decembro. Haberá 9 no centro Torrente Ballester, 3 no centro cívico de Caranza, 2 no Teatro Jofre, un no centro cívico de Canido, outro na asociación de veciños de Covas, un na asociación de veciños de Pazos –o mesmo que un do Torrente- e o último na asociación de veciños de Mandíá. Todas as actuacións serán de balde e as invitacións poderanse retirar no Jofre durante a semana previa a cada espectáculo, e o mesmo día da función, no lugar onde se vaia representar.

Os espectáculos no Torrente Ballester serán Arturo e Clementina, da compañía Titiritrán Teatro (19 de outubro, 19:00 ), Historia de Aladino, da compañía Elfo Teatro (20 de outubro, 12:30), Ninho, da compañía Partículas Elementares (27 de outubro, 12:30), Joao Pateta, da compañía Historioscopio (9 de novembro, 12:30), As, Os, @s, da compañía Yheppa Títeres (17 de novembro, 12:30), Voa Pluma, da compañía Periferia Teatro (24 de novembro, 12:30), Nube Nube, da compañía Periferia Teatro (24 de novembro, 18:30), No Xardín, da compañía Teatro Paraíso (7 de decembro, 12:30) e, por último, De Todo Corazón, da compañía Teatro Paraíso (7 de decembro, 18:00).

Publicidade

As actuacións no Centro Cívico de Caranza son Os sete cabritiños e os tres porquiños, da compañía Elfo Teatro (19 de outubro, 17:00), O Nabo Xigante, da compañía Partículas Elementares (26 de outubro, 18:00) e A Perla, da compañía Historioscopio Teatro (8 de novembro, 18:00). Pola súa banda, o Teatro Jofre acollerá Pazzzzzzzzzz, da compañía La Mar de Marionetas (3 de novembro, 12:30) e Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a voar, da compañía Búho/Marabillas (30 de novembro, 18:30).

No Centro Cívico de Canido se representará o espectáculo Raíces, da compañía Yheppa Títeres o 16 de novembro, ás 18:00. O local da asociación de veciños de Santa Uxía de Mandiá contará coa actuación de Pekeno Kabaret de Tolos, da compañía Títeres Alakrán (20 de outubro, 19:00), a asociación veciñal de Santa Comba de Covas terá no seu local a actuación de Nanaluna, da compañía La Mar de Marionetas (2 de novembro, 18:00) e a asociación de veciños de Pazos ofrecerá no seu local a obra Joao Pateta, da compañía Historioscopio Teatro (9 de novembro, 19:00).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

One Comment

Leave a Reply
  1. Coma sempre pasa na maioría dos festivais, nas primeiras edicións se conta coas compañías galegas para que apoien coa súa presenza e rebaixa do caché a un novo festival que servirá para darlles visibilidade e bla, bla, bla … para que cando xa está consolidado a presenza galega redúzase a unha función nunha asociación veciñal.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Armazenados |

Teatro Art’Imagem presenta ‘Armazenados’ en Vigo

FinisterraeUltramarinos |

Títeres Alakrán estrea ‘Finisterrae: O último ultramarinos’ no Festival Galicreques