in

Teatro Art’Imagem presenta ‘Armazenados’ en Vigo

Armazenados |

A compañía Teatro Art’Imagem da Maia estará este vindeiro xoves 17 no Centro Cultural Português em Vigo, ás 19:00, coa obra Armazenados, unha peza bilingüe en galego e portugués de David Desola, e traducida por Diana Vasconcelos e Afonso Becerra. Dirixido por Flavio Hamilton, o elenco está formado polo galego Jimmy Núñez e o portugués Pablo Carvalho.

Nun almacén baleiro de mercadorías, nada é máis lexítimo que pensar que o stock son os propios empregados; neste caso, o señor Lino e Nin. E se os empregados quedan relegados á condición de mercadoría, estamos ante unha evidente perversión: sobre eles pasan a rexer as leis de mercado en lugar das leis laborais, creadas para asegurarlles unha dignidade da que abdicaron en favor dun salario, supostamente pagado polos seus servizos. Este texto, a pesar da súa aparente sinxeleza, formula algunhas cuestións esenciais, ben por suxestión ou por identificación. Cuestións sobre a dignidade humana. Estamos ante un impasse, que pode ser puramente filosófico, ou un pouco máis determinista e pragmático: De verdade o traballo dignifica o home?

 


Publicidade

Ficha

Texto: David Desola
Dirección: Flávio Hamilton
Elenco: Flávio Hamilton, Pedro Carvalho e Jimmy Nunez
Participación en Vídeo: Daniela Pêgo
Tradución: Diana Vasconcelos e Afonso Becerra
Iluminación: Eduardo Abdala
Espazo escénico: José Lopes e Flávio Hamilton
Deseño Gráfico, Vídeo e Sonoplastia: André Rabaça
Produción: Sofia Leal e Daniela Pêgo

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PonteInternacionalTuiValença |

Escena Galega promove en Tui unha rede de circulación transfronteiriza con Portugal

Ninho |

Comeza en Ferrol a IV edición do Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques ‘Festea’